Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares cualificou como "tres sonos realizados" os investimentos realizados neste último ano por Presidencia
22 Decembro 2008 19:12
O conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, desprazouse esta tarde a Ares con tres obxectivos fundamentales: o de asinar o convenio co alcalde, Julio Iglesias, polo que este departamento aporta 72.000 euros para a compra (xa materializada) da Casa do Patín, facer a entrega de dous vehículos para reforzar a seguridade no municipio –un para a Policía Local e outro para Protección Civil- e, finalmente, para inaugurar as obras de pavimentación de catro rúas en Redes –traballos para os que este departamento desembolsou 200.000 euros, parte deles, concretamente un 70%, procedente de fondos Feder-. En total, o investimento de Presidencia superou os 330.000 euros.
Na rolda de prensa celebrada no despacho do rexedor á súa chegada ao Consistorio, Iglesias cualificou estes feitos como “tres sonos realizados”, ao tempo que destacou que “hoxe culminamos o traballo de todo un ano”. O rexedor socialista valorou a importante aportación de Presidencia para a adquisición dos vehículos para Protección Civil e a Policía Local -40.000 euros para o primeiro e 20.680 para o segundo-, xa que os anteriores tiñan unha antigüedade de máis de 15 anos. Neste sentido, Iglesias lembrou que a estes investimentos hai que engadir o realizado pola mesma Consellería para o camión contraincendios que xa utilizan os voluntarios de Protección Civil dende hai un ano.
“Imos mellorar a prestación de servizos”, manifestou Iglesias, que indicou que tamén “estamos a celebrar a adquisición da Casa do Patín”, que, como dixo, forma parte do patrimonio histórico de Ares –o último uso, durante a primeira metade do século XX, o de Escola de nenas-. O alcalde indicou que este inmoble, nun estado importante de deterioro, xa forma parte do patrimonio municipal, terá un uso dotacional a partires do vindeiro ano.
Con respecto a Redes, Iglesias asegurou que se trata dunha actuación “magnífica” e que supón un eslabón importante, xunto coa obra de Costas, para seguir poñendo en valor este conxunto singular.
Pola súa banda, Méndez Romeu destacou a liña de colaboración do seu departamento nestes últimos tempos cun Concello que, como subliñou, “trata de definir un futuro viable, sostible e cun compromiso de desenvolvemento cultural e social”. O conselleiro, que fixo fincapé na posición estratéxica do municipio, lembrou os froitos que dita colaboración deron ata o momento, como a compra do inmoble da Sociedade de Produtores de Cervás ou o camión contraincendios para Protección Civil, e que agora vén engadir estas novas aportacións.
Para Méndez, “estamos diante dun dos proxectos locais máis sólidos, mellor deseñados e con máis capacidade de sumar esforzos”. A este respecto, o conselleiro incidiu no interese de Presidencia por respaldar todos aqueles “proxectos movilizadores que fagan posible que lugares como Redes ou Ares teñan un papel de liderazgo cada vez máis importantes”.
Despois da rolda de prensa, procedeuse á entrega dos vehículos para, a continuación, facer unha visita á Casa do Patín. A visita oficial de Méndez rematou en Redes, onde o conselleiro, xunto co resto da comitiva, formada polo propio conselleiro, o alcalde e parte da corporación local, inaugurou as obras de pavimentación, que foron executadas nun total de catro rúas deste localidade mariñeira.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares