Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O conselleiro de Presidencia inaugurará o luns as obras de pavimentación de Redes
20 Decembro 2008 10:41
O conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, visitará o luns, día 22, o municipio de Ares; unha visita na que inaugurará as obras de pavimentación das principais rúas de Redes, realizará unha visita á Casa do Patín, e fará entrega dos novos vehículos de Protección Civil e da Policía Local. E é que o departamento que dirixe este conselleiro socialista leva investidos en Ares nos últimos meses máis de 330.000 euros. En concreto, Presidencia desembolsou 200.000 euros –o 70% procedentes de Fondos Feder- para a pavimentación das rúas de Arriba, do Medio, Ribeira e parte da rúa de Abaixo de Redes –os 100.00 euros restantes aportounos o Concello de Ares-, fixo unha achega económica de 72.000 euros para a recente compra da Casa do Patín –inmoble que se adicará a centro cívico e Casa da Xuventude- e subvencionou con máis de 20.680 euros o novo coche da Policía Local e de 40.000 para o de Protección Civil.
José Luis Méndez Romeu chegará ao Consistorio aresán ás 16.30 horas e, despois de ser recibido polos políticos locais co alcalde, Julio Iglesias, á cabeza, manterán unha breve reunión no despacho do rexedor. Ás 17.00 procederase á entrega dos dous vehículos no exterior da Casa do Concello, para visitar, a continuación, a Casa do Patín. A visita rematará en Redes, localidade na que o conselleiro inaugurará as obras de pavimentación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares