Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os dez usuarios do programa "Xantar na casa" recibiron hoxe os primeiros menús
18 Decembro 2008 13:41
Os dez usuarios que ata o momento se inscribiron no programa “Xanta na casa” recibiron esta mañá os menús correspondentes a unha semana. Os xantares, entregados en barquetas individuais de polipropileno apto para rexenerar en microondas e autorizado para estar en contacto cos alimentos - inclúen no seu interior primeiro prato, segundo e sobremesa-, contan co visto bo dun médico, que emite informes previos para determinar as dietas en cada caso concreto. De feito, en Ares repartíronse tres menús diferentes: normal, hiposódico e para diabéticos.
Esta iniciativa, que se enmarca dentro do convenio asinado hai máis de dous meses polo alcalde, Julio Iglesias, e o presidente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Anxo Quintana, concíbese como un programa de atención aos colectivos de persoas maiores e as que están en situación e/ou risco de exclusión social. Deste xeito, “Xantar na casa” persigue mellorar a calidade de vida dos veciños, prestando un apoio dentro do propio domicilio, que se atopan cunha serie de limitacións que lles impide ter unha axeitada cobertura alimenticia.
Os beneficiarios do programa son, pois, os maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que poidera suplir tal situación; as persoas dependentes que carezan de apoio familiar e que requiran de axuda para a preparación de alimentos; e os menores de 60 anos en situación de exclusión social que estean tecnicamente avaliados polos Servizos Sociais do Concello. No caso do Concello de Ares, os técnicos fixeron unha sondaxe para coñecer o número de posibles beneficiarios, que ascende ata o de agora a dez persoas, aínda que esta iniciativa non ten un límite establecido de prazas. Nesta liña, hai que subliñar que as persoas interesadas en recibir o servizo de xantar a domicilio deberán presentar unha solicitude nos Servizos Sociais do Concello, lugar no que tamén se informará sobre dita prestación e se levarán a cabo os trámites necesarios que posteriormente deberán elevarse ante o Consorcio.
O prezo de cada menú e día no que resta de 2008 será de 6,83 euros, dos que 1,82 serán aportados polo usuario. Outros 1,82 euros correrán a cargo do Concello, mentres que os 3,19 restantes serán aportados polo Consorcio.
Os xantares, como aconteceu hoxe, entregaranse nun único día á semana, preferentemente de 09.00 a 14.30 horas, ás persoas beneficiarias, que reciben no seu domicilio sete bandexas diferentes co xantar para cada día. No caso de que os beneficiarios do servizo non dispoñan de microondas ou frigorífico adaptado a ditas necesidades poñeranse a disposición dos mesmos en réxime de depósito. Ademais, o seu traslado realízase en vehículos adaptados mantendo a temperatura e a refrixeración imprescindible.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares