Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 08 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca a importancia do Obradoiro de emprego nesta época de crise económica
12 Decembro 2008 15:12
O salón de plenos acolleu ás 12.30 de hoxe a inauguración do obradoiro de emprego “Insert@res”, que comezará oficialmente o vindeiro luns, día 15, ás 07.00 horas na Alianza Aresana. O acto, ao que acudiron parte da corporación, o equipo directivo e docente do obradoiro e os alumnos, foi presidido polo alcalde, Julio Iglesias, que cualificou esta iniciativa como “unha magnífica ocasión para que veciños de Ares poidan realizar importantes obras públicas en lugares de tradicional abandono nun momento no que a crise económica é brutal”.
Nesta liña, o rexedor socialista indicou que o feito de que este obradoiro teña unha duración dun ano garante 32 postos de traballo que se crearon -25 para alumnos en situación de desemprego ata o momento e sete postos entre docentes e directivos- nun ano que semella será peor aínda en materia económica e de destrucción de emprego. “Nós, como Concello, pouco podemos facer a nivel global, pero polo menos garantimos 32 postos de traballo nun ano que vai ser difícil”, asegurou Iglesias.
Pola súa banda, o director do Obradoiro de Emprego, José Manuel Castro, destacou o feito de que ao longo destes doce meses os alumnos recibirán a maiores clases de cultura xeral, que servirá para que estas persoas teñan máis “bagaxe”. Ademais, manifestou que as obras que executen durante este período “as verán os voso fillos e netos, e eles saberán que foron aresáns os que recuperaron o seu patrimonio”.
“Insert@res” comezará o luns ás 07.00 da mañá e, como explicou Castro, na primeira semana levarase a cabo a planificación do proxecto. Despois, haberá unhas pequenas vacacións para que os integrantes do obradoiro poidan gozar do Nadal coas súas familias, para incorporarse xa de cheo o 7 de xaneiro.
En total, son 25 os alumnos beneficiados deste obradoiro, repartidos en dúas especialidades: Xardinería, con 10 persoas, e Albanelaría, con 15. Na primeira fase (cada unha ten unha duración de seis meses) os alumnos recibirán o 36% da formación teórica (o total son 960 horas), estando previsto que tamén inicien as obras contempladas no proxecto. Deste xeito, os traballos iniciaranse no paseo marítimo, coa execución da recuperación no mesmo na zona do parque Rosalía de Castro. Ao longo do ano tamén se levarán a cabo actuacións, principalmente de xardinería, na batería de costa de Pena Bailadora, e no mosteiro de Santa Catalina. As intervencións no cenobio consisten na remodelación da cantina, da cociña e dos baños, e na adecuación dos xardíns que o bordean.
O obradoiro de emprego conta cunha subvención da Consellería de Traballo de 511.374 euros, mentres que o Concello aporta más de 100.000.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares