Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares porá mañá en marcha o Banco Municipal do Tempo
10 Decembro 2008 13:42
O Concello de Ares porá mañá en marcha o Banco Municipal do Tempo, un espazo que se crea para compartir experiencias, achegar ás persoas, aprender algo novo e desenvolver os valores de cooperación e solidariedade. Unha axente municipal será a responsable da xestión deste servizo, no que as persoas que queiran sumarse á iniciativa depositarán unhas horas do seu tempo ofrecendo a cambio algunha actividade, solicitando a cambio tempo doutras persoas para recibir outra actividade.
Neste sentido, algúns dos servizos que se poden intercambiar son o de atención ás persoas (acompañamento, coidado, etc.); coidado do corpo e saúde; tarefas domésticas (mercar, pequenas reparacións, etc.); formación; idiomas; informática; tarefas administrativas; asesoramento e orientación (seguros, finanzas, busca de emprego, etc.); e actividades relacionadas co tempo libre e de lecer (lecturas, paseos, xogos, etc.), entre outras moitas, xa que, como se subliña dende o Banco do Tempo de Ares, non é preciso contar con algunha destreza específica, senón unicamenter ter ganas de recibir tempo dos demais.
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, financiada pola Consellería de Traballo e o propio Concello de Ares, deberán acudir ao Consistorio, chamar ao teléfono 981 468 102 ou consultar a web institucional para pasar o primeiro trámite, que é o de cumplimentar unha carta de adhesión. A axente responsable do Banco do Tempo, encargada de todas as xestións, manterá posteriormente cos inscritos unha entrevista persoal, na que se determinará o que cada cidadán dará no seu tempo e o que recibirá a cambio. No momento que haxa unha lista con persoas apuntadas –cantas máis, o número de servizos que se ofrezan será maior-, a axente porá aos veciños implicados en contacto e se dinamizará o intercambio, previa sinatura das normas do Banco e co acordo de ambas partes para iniciar o troco.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares