Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Responsables de Costas, a Consellería de Medio Ambiente e os Concellos de Ares e Mugardos inauguraron hoxe a senda peonil de O Segaño
09 Decembro 2008 14:48
O xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, xunto con outros responsables deste organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente; o delegado provincial de Medio Ambiente, Manuel Tajes; e os alcaldes de Ares, Julio Iglesias, e Mugardos, Xosé Fernández Barcia, participaron esta mañá nunha marcha que servíu para dar por inaugurada a senda peonil de O Segaño. Trátase dunha actuación executada por Costas –o investimento rondou os 18.000 euros-, pero que foi posible, como puxeron de manifesto os responsables políticos na comparecencia ante os medios, grazas á colaboración entre as administracións locais, autonómica e do propio Goberno central. Deste xeito, un tramo de senda costeira duns cinco kilómetros entre os municipios de Ares e Mugardos foron rexenerados.
En concreto, o Ministerio de Defensa cedeu a titularidade dos terreos aos Concellos de Ares e Mugardos, que acondicionaron a senda canalizando a escorrentía, a Consellería de Medio Ambiente rexenerou un antigo vertedoiro de residuos sólidos urbanos convertíndoo en miradoiro, mentres que a Demarcación de Costas regulou os accesos peonís e mellorou a sinalización e información ao cidadán.
Como manifestou Rafael Eimil, o obxectivo desta actuación non é outro que o de recuperar os sendeiros do litoral, subliñando que a senda inaugurada hoxe “é unha mostra do que pensamos facer en toda a provincia”. A este respecto, o Xefe da Demarcación de Costas anunciou que a intención deste organismo de Medio Ambiente é facer o mesmo de O Segaño en todo o litoral de Ares e de Mugardos e, de feito, lembrou que existe un estudo feito coa Universidade de A Coruña que servirá de base para planificar estas intervencións a curto, medio e longo prazo. Precisamente a disponibilidade dos terreos será o criterio fundamental á hora de fixar as prioridades, comezando por aqueles lugares nos que exista a disponibilidade dos mesmos e rematando nos casos nos que haxa que facer un proceso expropiatorio.
Eimil tamén destacou a longa traxectoria de Costas á hora de executar este tipo de sendas que se levan a cabo, dixo, en coordinación coa Xunta.
A esta colaboración tamén se referíu o delegado provincial de Medio Ambiente. Manuel Tajes indicou, deste xeito, que a Consellería de Medio asume o labor de rexenerar e sanear as rías, como acontece coa marxe sur da ría de Ferrol e norte de Ares. Ademais, neste caso concreto o departamento que dirixe Manuel Vázquez tamén se encargou do selado e acondicionamento do antigo vertedoiro situado poucos metros despois do castelo da Palma.
Pola súa banda, o rexedor de Ares manifestou a aposta firme deste dous municipios polas paisaxes singulares como motor económico. Así, Julio Iglesias subliñou como o que era un vertedoiro de residuos sólidos urbanos pasou a disposición de todos os veciños. Tamén incidíu no feito de que a colaboración entre administracións pode derivar en actuacións do calado da inaugurada esta mesma mañá.
Finalmente, Xosé Fernández Barcia lembrou que o acondicionamento e rexeneración desta ruta era unha vella reivindicación, ao tempo que destacou a beleza da mesma. “É unha das poucas que pode haber en Galicia”, asegurou o alcalde de Mugardos.
Este sendeiro poderá ser utilizada para facer rutas a pé, cabalo ou bicicleta. Ademais, estará integrada na Rede Europea de sendeiros da cornisa Atlántica, que vai entre San Petersburgo e Lisboa.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares