Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Alianza acolleu a primeira das sesións de "Escolares", a escola de nais e pais do Concello
28 Novembro 2008 11:06
A Alianza Aresana acolleu na tarde de onte a primeira das sesións de “Escolares”, a Escola de Nais e Pais organizada pola área de Servizos Sociais e na que participan 15 persoas, todas mulleres. Esta iniciativa nace coa idea de fomentar este tipo de grupos como ferramentas útiles para levar a cabo o día a día da educación dos seus fillos, sobre todo cos numerosos cambios producidos na sociedade actual.
Neste sentido, os principais obxectivos de “Escolares” son o de crear un espazo de reflexión con nais e pais do Concello de Ares; asentar un espazo de diálogo e reflexión sobre diferentes temáticas relacionadas coa educación dos fillos; potenciar o coñecemento sobre determinadas cuestións necesarias para afrontar dita educación; propiciar un espazo cómodo para afrontar as problemáticas máis habituais dos nenos; e xerar unha dinámica de compartir experiencias e vivencias entre nais e pais para construir pautas educativas.
Na primeira das sesións estableceuse o horario das reunións, de xeito que serán os derradeiros xoves de cada mes –salvo decembro, que terá lugar o día 18- de 17.00 a 19.00 horas. Tamén se decidíu que o tema para o vindeiro mes será o de “O tempo libre na familia” –os temas elixiranse por consenso das asistentes-.
O curso, que se prolongará ata xuño de 2009, está impartido pola Educadora Familiar do Concello. Ademais, un dos módulos correrá a cargo do Centro Quérote de Ferrol (Centro de asesoramento afectivo/sexual) e outro por Adafad, entidade que falará sobre límites e normas.
Finalmente, dende o Concello infórmase de que as nais e pais que o desexen poderán incorporarse ao grupo, aínda que deberán formalizar previamente a súa inscripción no Consistorio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares