Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 21 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno votará os proxectos das obras que se presentarán ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial
25 Novembro 2008 14:18
O pleno da corporación debatirá e, no seu caso, aprobará os proxectos presentados polo Concello de Ares ao Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS) correspondentes a 2009. A sesión ordinaria de fin de mes terá lugar, como é habitual, ás 11.00 horas.
Nesta ocasión, a institución provincial outorgou á administración local 139.415,26 euros, que deberán ser completados coa aportación municipal dun mínimo do 5% do total. Con esta partida, o Concello ten previsto acometer, en primeiro lugar, a dotación da rede de pluviais na avenida dos Castros e rúa Rodríguez Castelao e, en segundo, a realización de nudos de infraestructuras da avenida do Mazote.
Ademais, a administración aresá plantexará como proxecto complementario –a executar no caso de que houbera remanentes polas baixas nos procesos de licitación anteriores ou pola anulación dalgunha das actuacións- a reparación e asfaltado dende a rúa da Igrexa ata o lugar de Sandes. Estes proxectos teñen que contar cun orzamento mínimo de 30.000 euros.
Unha vez que a proposta sexa aprobada polo pleno, o acordo será remitido á Deputación, xa que o prazo remata o sábado, día 29.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Co gallo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello pleno de Ares aprobará na sesión plenaria deste xoves unha declaración institucional consensuada por todos os grupos políticos con presenza na corporación. Neste documento, que leva o título de “A sociedade contra a violencia de xénero”, quere facerse unha especial homenaxe a aqueles cidadáns e cidadás que antepuxeron ata a súa integridade física á axuda solidaria ás mulleres vítimas da violencia de xénero. “Uns teñen nome, como Daniel Oliver ou Jesús Neira, doutros e doutras non coñecemos os seus nomes, pero sabemos que están entre nós, loitando denodadamente para devolver a liberdade, a dignidade e a xustiza ás mulleres vítimas da violencia de xénero”, di a declaración institucional.
Finalmente, o grupo de goberno someterá a votación do pleno a cesión ao Sergas do centro de saúde para facer efectivo o convenio suscrito pola Fegamp e a Consellería de Sanidade para determinadas infraestructuras sanitarias de Galicia, entre elas a de Ares, de xeito que o departamento que dirixe María José Rubio asuma o mantemento de dito centro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares