Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 01 de Decembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PEL REACTIVA

SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Escola de Nais e Pais do Concello, "Escolares", comezará o vindeiro xoves na Alianza Aresana
24 Novembro 2008 11:10
Un total de dez persoas, todas elas mulleres, inscribíronse ata o momento en “Escolares”, a Escola de Nais e Pais organizada pola área de Servizos Sociais que comezará a funcionar o vindeiro xoves, día 27, na Alianza Aresana. Esta iniciativa nace coa idea de fomentar este tipo de grupos como ferramentas útiles para levar a cabo o día a día da educación dos seus fillos, sobre todo cos numerosos cambios producidos na sociedade actual.
Neste sentido, os principais obxectivos de “Escolares” son o de crear un espazo de reflexión con nais e pais do Concello de Ares; asentar un espazo de diálogo e reflexión sobre diferentes temáticas relacionadas coa educación dos fillos; potenciar o coñecemento sobre determinadas cuestións necesarias para afrontar dita educación; propiciar un espazo cómodo para afrontar as problemáticas máis habituais dos nenos; e xerar unha dinámica de compartir experiencias e vivencias entre nais e pais para construir pautas educativas.
Os contidos que se abordarán nestas actividades serán consensuadas entre os participantes e sempre atendendo ás necesidades do grupo establecido. Aínda así, algúns dos temas propostos versarán sobre as etapas evolutivas dos nenos, o tempo libre na familia, a educación afectivo/sexual, a resolución de conflitos de familia, a modificación de condutas, os recursos sociocomunitarios e a prevención de drogodependencias.
O curso, que terá unha periodicidade mensual e que se prolongará ata xuño de 2009, será impartido pola Educadora Familiar do Concello. Ademais, un dos módulos correrá a cargo do Centro Quérote de Ferrol (Centro de asesoramento afectivo/sexual) e outro por Adafad, entidade que falará sobre límites e normas.
Cada sesión terá unha duración de hora e media e o horario definirase na primeira sesión do xoves.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares