Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares organiza dous obradoiros co gallo da celebración do Día Internacional para a eliminación do Violencia de Xénero
21 Novembro 2008 11:45
O Concello de Ares, a través do Centro de Información ás Mulleres de Servizos Sociais, organiza dous obradoiros co gallo da celebración, o vindeiro 25 de novembro, do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Precisamente esta mañá o grupo de goberno deu conta á oposición de ditas actividades no marco da Comisión informativa desta área.
O primeiro, de seis horas de duración, consiste nun obradoiro de resolución de conflitos para adolescentes. A actividade terá lugar no colexio Conde de Fenosa os días 24 e 25 de novembro, entre as 11.00 e as 14.00 horas, e está subvencionada polo SGI, no marco das actividades ofertadas aos Concellos integrados na Rede de Información ás Mulleres.
O pavillón deportivo municipal será o escenario do segundo dos obradoiros organizados polo CIM de Ares, neste caso de autodefensa para mulleres (Wingtsun). Dita actividade, gratuita e dirixida a todas as mulleres da comarca, desenvolverase entre os días 25 e 26 de novembro e será impartido por monitores profesionais. Aínda que o prazo de inscripción remataba hoxe –ata o momento hai unha veintena de mulleres apuntadas-, o Centro de Información ás Mulleres o manterá aberto ata o vindeiro martes pola mañá. Polo tanto, as interesadas poderán inscribirse no CIM, chamando ao número de teléfono 981 468 102 ou no fax 981 448 057/ 981 468 179/ 981 448 299, así como no correo electrónico cim@concellodeares.com.
O Concello porá a disposición das asistentes que o soliciten previamente un servizo de atención á infancia, de xeito que se facilite a presencia das mulleres neste obradoiro. Poderán acollerse a dito servizo os nenos e nenas maiores de tres anos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares