Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde asina na Delegación de Traballo as bases que rexirán a contratación no Obradoiro de Emprego
19 Novembro 2008 12:59
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, desprazouse esta mañá á Delegación Provincial de Traballo en A Coruña para asinar coa responsable deste departamento, María Debén, as bases e baremos que rexirán a contratación do persoal do Obradoiro de Emprego que, segundo consta en dito documento, se porá en funcionamento antes do 15 de decembro. No acordo tamén se nomea ás persoas que de agora en adiante se constituirán en grupo de traballo; grupo que estará integrado por representantes da Consellería e do Concello de Ares.
No Obradoiro de Emprego, programa de emprego e formación subvencionado pola Consellería de Traballo cunha partida de máis de 500.000 euros, impartiranse as especialidades de albanelería e xardinería a un total de 25 alumnos -15 na especialidade de albanelería e 10 na de xardinería-. A duración do mesmo é de doce meses, seis de teoría que se impartirá no antigo local da Cooperativa de Productores del Campo de Cervás adquirido o pasado mes de febreiro polo Concello grazas á aportación da Consellería de Presidencia, e outros tantos de práctica.
Nesta segunda fase, os alumnos levarán a cabo unha serie de actuacións moi importantes para o Concello, como son o acondicionamento dos aseos e cantina do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro así como dos xardíns do cenobio, o desbroce e acondicionamento do entorno da batería de Pena Bailadora, e a recuperación do paseo peonil no ámbito do parque Rosalía de Castro.
Os traballadores serán contratados durante este período de doce meses e percibirán, en consecuencia, o salario que lles corresponde dacordo coa normativa vixente.
Ademais, levarase a cabo a contratación de seis persoas que se encargarán de desenvolver o traballo directivo, docente e administrativo do obradoiro. En concreto, será un director, tres mestres e dous auxiliares administrativos os que se encarguen de ditas tarefas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares