Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Plan Director de Santa Catalina contempla o uso turístico do cenobio combinado co cultural e público
18 Novembro 2008 13:53
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias; e o alcalde de Ares, Julio Iglesias, compareceron esta mañá en rolda de prensa para presentar o Plan Director do mosteiro de Santa Catalina; un traballo realizado polo equipo que dirixe Mario Crecente e que non só contempla unha proposta restauradora do cenobio de carácter integral, senón que tamén esixe un plan especial para o seu contorno.
O propio Crecente, acompañado de parte dos expertos que traballaron neste complexo documento, foi o encargado de presentar os principais elementos do Plan Director e de anunciar as conclusións e os usos que, atendendo a dito plan, se aconsellan para o futuro do mosteiro. Neste sentido, cabe destacar que unha das propostas pasa por adicar parte das instalacións a un uso turístico para albergar convencións e reunións ou ben como simples aloxamentos.
Sobre este punto, Julio Iglesias lembrou que a administración titular do mosteiro, que é o Ministerio de Defensa –o Concello ten unha cesión do inmoble, pero a propietaria é a Dirección Xeral de Infraestructura-, iniciou contactos coa rede de Paradores de Turismo como unha posibilidade para a posta en valor do cenobio, se ben, como subliñou, existen varios contactos nesta liña.
Segundo puxeron de manifesto os presentes neste acto, Santa Catalina adáptase perfectamente ao uso hoteleiro debido ás súas amplas dimensións –só o cenobio conta cunha superficie de 5.000 metros cadrados, ás que hai que engadir os arredor de 1.000 do inmoble situado xunto ao mosteiro e coñecido como o “Hospitalillo” e a finca que o bordea -15.000 metros cadrados-.
Pero esta proposta non é a única, senón que o Plan Director combina dita finalidade coa pública e cultural. Así, e segundo explicou Mario Crecente, outra proposta pasa por habilitar unha área cultural no conxunto formado pola igrexa, sancristía e coro, orientada incluso a albergar un auditorio, pero sen desbotar, por outra banda, o uso relixioso. Precisamente parte deste traballos serán abordados pola propia Consellería de Cultura que, como anunciou a súa titular, investirá no vindeiro ano arredor dun millón de euros nunha serie de actuacións que non só contemplan a execución de traballos dirixidos a que o mosteiro non se deteriore aínda máis –obras nas cubertas, canles e baixantes danadas ou limpeza da vexetación-.
Outra das intervencións que asumirá o departamento que dirixe Bugallo é a creación dun centro de interpretación que estará situado na antiga adega do cenobio e reunirá a colección arqueolóxica, escultórica e arquitectónica que integra ou integrou este conxunto. A este respecto, Crecente destacou que moitas das pezas están espalladas por diferentes museos e, en moitos casos, non se atopan nas mellores condicións de conservación, polo que dito centro pode ser un revulsivo, por unha banda, para que estas pezas volten ao seu lugar de orixe –ou que, polo menos, exista unha interconexión entre os museos e o centro de Santa Catalina- e, ademais, para que se cataloguen e conserven en mellor estado. De feito, as previsións pasan por que este espazo inclúa información e documentos que expliquen o devir histórico do inmoble.
Entre as recomendacións que contempla o Plan Director está o de investir o 1% Cultural a traballos tales como recuperar os espazos de acceso ao cenobio, mobles e o retablo. Precisamente nas últimas semanas, o rexedor aresán acadou do ministro de Cultura, César Antonio Molina, o compromiso de destinar este 1% cultural á rehabilitación de Santa Catalina, cuantificado en torno aos 1,2 millóns de euros.
En canto ao “Hospitalillo”, Crecente indicou que as propostas pasan por destinar unha parte a acoller ás asociacións vinculadas a este ámbito, outro a un centro de interpretación militar e, finalmente, a parte superior para un auditorio ou sala de exposicións.
Os equipamentos –entre eles un aparcadoiro, aínda sen definir, pero que sería nas cercanías, e non xusto no conxunto, para non destruir o xardín de acceso e o espazo polivalente- completarían a recuperación do mosteiro e o seu entorno.

INVESTIMENTOS DE 2,5 MILLÓNS DE EUROS

O alcalde de Ares, que valorou o excelente traballo desenvolvido polo equipo de Mario Crecente, destacou non só o investimento anunciado hoxe pola Consellería de Cultura, senón que tamén destacou o compromiso do Ministerio de Cultura de destinar o 1% ao cenobio e a posta en marcha do obradoiro de emprego que financia a Consellería de Traballo e que ten en santa Catalina un dos principais obxectos de actuación.
En total, o cenobio será obxecto de importantes intervencións por un importe de 2,5 millóns de euros. Aínda así, a cantidade necesaria para a rehabilitación integral é moi superior. Así, Iglesias informou de que a partida necesaria para recuperar o mosteiro tal e como era supón un desembolso de 8 ou 9 millóns de euros; cantidade que se incrementa notablemente se a súa posta en valor é a de construir un hotel de luxo. “Neste caso non lle correspondería á administración pública a súa posta en valor, salvo no caso de Paradores”, manifestou o alcalde, que puntualizou que unha vez que se chegue a unha solución final, e sempre consensuada entre as administracións implicadas, haberá que estudar a fórmula de concesión administrativa das instalacións.
Iglesias sinalou que o Plan Director vén culminar unha primeira fase “imprescindible” para, por unha banda, poñer freo ao deterioro constante do mosteiro e, por outra, para a súa definitiva posta en valor.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares