Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 28 de Novembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PEL REACTIVA

SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares gaña o Campionato Galego de Dominó celebrado esta fin de semana na vila
17 Novembro 2008 12:21
O equipo do Club Ría de Ares, integrado por cinco parellas, resultou gañador do II Campionato Galego de Dominó por equipos –da primeira Liga Galega de Dominó nesta modalidade-, celebrado o pasado sábado no Hotel Villa de Ares da vila e copatrocinado polo Concello a través da área de Deportes. A victoria do equipo local garante a participación de cinco parellas do citado clube no campionato nacional que se desenvolverá durante os días 6, 7 e 8 de decembro en Santander.
Un total de cen persoas, é dicir, as correspondentes ás cinco parellas (no campionato participan catro e unha suplente, que se vai turnando co resto) dos dez equipos procedentes de toda Galicia inscritos na competición, xogaron dun xeito casi ininterrumpido –só pararon para xantar- entre as 11.00 e as 20.00 do sábado, hora á que se procedeu á entrega dos trofeos aos participantes.
Dos catro equipos que xogaron a fase final, Ares quedou, con seis puntos, en primeiro lugar –cinco parellas no campionato nacional-, Sada, con tres puntos, en segundo - aportará tres parellas-, Pontecaldelas, con dous puntos, en terceiro –una parella- e Chantada, cun punto, no cuarto –enviará outra parella a Santander-.
Un dos integrantes do equipo local, Manuel Cendán, destacou o elevado nivel do campionato e se mostrou moi satisfeito do resultado acadado polo Club Ría de Ares. Esta importante victoria é unha boa mostra do elevado nivel que existe nesta localidade, na que a práctica do dominó está moi extendida e se vincula ao carácter pesqueiro da vila. O propio alcalde, Julio Iglesias, na rolda de prensa de presentación do campionato, celebrada o pasado xoves no Consistorio, manifestaba que o dominó resposta e unha práctica “moi cotiá” e “significativa” no municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares