Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares celebra o Samaín cun magosto que terá lugar o sábado no parque Rosalía
06 Novembro 2008 10:03
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, que dirixe Ana Fernández, celebra este sábado, día 8, a festa do Samaín cun magosto que se desenvolverá no parque Rosalía de Castro. Este escenario será substituido polo patio do colexio Conde de Fenosa no caso de choiva.
As actividades organizadas polo goberno local aresán darán comezo ás 16.00 horas cun desfile de carrozas da Asociación Cultural O Tilo –entidade que vén colaborando co Concello neste tipo de iniciativas-, que partirá do local de dita agrupación. A chegada das mesmas ao parque Rosalía está prevista para as 17.30, hora á que intervirá ante o público asistente a concelleira de Cultura.
Posteriormente, o presentador conducirá o acto, que inclúe a lectura dos contos de medo que concurriron ao certame –oito-, así como a entrega de premios; a degustación de castañas asadas; a presentación e entrega de premios das receitas do concurso “Ares, qué rico!” –outras oito-; o concurso de cabazas coa entrega de premios correspondente –a organización confía en, polo menos, igualar o nivel de participación do ano pasado, no que houbo máis de 200 cabazas-; e a degustación, de novo, de castañas e das receitas do concurso. Hai que subliñar que entre as 17.00 e as 18.30 horas permanecerá aberto o prazo de inscripción dos participantes no concurso de cabazas disfrazadas, establecéndose dúas categorías: a infantil e a de adultos.
Perto das nove da noite, as carrozas, se o tempo o permite, farán un novo desfile pola vila, neste caso alumeadas coas velas das cabazas, estando previsto o remate desta actividade sobre as 22.00 horas.
Dende a Concellería de Cultura faise un chamamento á participación da cidadanía nunhas actividades que xa o ano pasado obtiveron unha importante resposta veciñal.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares