Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 26 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Concellos de Ares e Mugardos organizan o segundo Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala
05 Novembro 2008 13:28
Os Concellos de Ares e Mugardos darán mañá xoves o pistoletazo de saída ao seu segundo torneo de fútbol sala intermunicipal, cun encontro que terá lugar ás 20.30 no pavillón municipal aresán.
Este torneo, que se desenvolverá entre os meses de novembro e marzo do vindeiro ano, contará coa participación de dez equipos pertencentes aos dous termos municipais. Os partidos xogaranse os xoves en horario de 20.30 a 22.30 horas no pavillón de Ares e os venres dende as 20.30 ás 23.30 horas nas instalacións municipais de Mugardos.
Segundo informaron os servizos técnicos deportivos do Concello de Ares, o sistema de competición consistirá nunha liguiña previa na que xogarán todos contra todos, para posteriormente pasar a unha segunda fase na que os cinco primeiros clasificados disputaranse o título, mentres que os cinco últimos xogaranse os postos de consolación.
Nesta liña, estableceranse trofeos para os catro primeiros clasificados así como outros tantos vales en material deportivo de diversa contía. No caso da liguiña de consolación, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados. Ademais, recibirán unha distinción especial o máximo goleador do torneo e o porteiro menos batido.
Hai que destacar, así mesmo, a grande resposta cidadá na anterior iniciativa, que foi a primeira que se desenvolveu desta forma conxunta. Finalmente, os Concellos de Ares e Mugardos, que confían en repetir o éxito do primeiro torneo, queren agradecer a colaboración da tenda de deportes Sport 88, patrocinadora deste evento deportivo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares