Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello recibe máis de medio millón de euros para a posta en marcha dun Obradoiro de Emprego
31 Octubre 2008 14:49
O Concello de Ares porá en marcha O Obradoiro de Emprego “Insert@res” grazas á achega de 511.374 euros da Consellería de Traballo que servirá para levar a cabo a formación dun total de 25 alumnos durante un período dun ano.
A resolución favorable para este proxecto efectuada pola Comisión Central de Valoración, celebrada o pasado 22 de outubro, foi remitida esta mesma mañá á administración local. Ademais destes 25 alumnos, o acordo contempla a contratación de seis persoas que formarán parte do equipo docente, directivo e de apoio.
Grazas a esta iniciativa, o Concello de Ares non só ofrecerá a 25 dos seus veciños unha importante ferramenta formativa de cara á súa inserción laboral –o único requisto para acceder a unha destas prazas é ser desempregado e ter máis de 25 anos-, senón que tamén servirá para executar algunhas actuacións de grande importancia no municipio. Ademais, durante estes doce meses de contrato os alumnos recibirán mensualmente o soldo correspondente ao 150% do salario mínimo interprofesional.
No proxecto remitido á Consellería de Traballo inclúense, como intervencións principais para desenvolver no Obradoiro de Emprego, a reforma da cantina e os baños do mosteiro de Santa Catalina, así como a adecuación dos seus xardíns, ademais da reparación do paseo peonil –paseo marítimo- no ámbito do parque Rosalía de Castro.
No que se refire ás obras dos baños e a cantina, os traballos que se realizarán na Escola Obradoiro consistirán, no primeiro dos casos, na demolición dos aseos e o tabicado e adecuación dos novos –haberá aseos adaptados para persoas con movilidade reducida e cambiadores para nenos-, e, no da cantina, nunha actuación integral de recuperación e mellora das actuais, actualmente nun estado de evidente deterioro.
En canto aos xardíns do mosteiro de Santa Catalina, as actuacións pasan polo desbroce e limpeza, entre outros traballos de xardinería, así como de dotación de equipamentos e a reparación do muro pétreo de mampostería.
O Obradoiro de Emprego desenvolverase entre decembro deste ano e o do vindeiro 2009, e estará dividido en dúas fases. A primeira, a da formación teórica –os alumnos recibirán, fundamentalmente, formación en albanelaría, xardinería e carpintaría-, será impartida na súa sede, é dicir, na nave adquirida o pasado ano polo Concello á Cooperativa de Productores do Campo de Cervás, mentres que a segunda corresponderá coa parte práctica e de traballo nos lugares anteriormente mencionados. Cada unha das fases terá unha duración de seis meses.

VALORACIÓN DO ALCALDE
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, mostrou unha grande satisfacción por esta boa nova procedente da Consellería de Traballo, que se suma, como subliñou, ás xa numerosas achegas económicas realizadas por este departamento para a contratación de desempregados deste municipio. O rexedor socialista, ademais, considerou fundamental a posta en marcha deste tipo de iniciativas, sobre todo nesta época de crise e de incremento do paro, para completar a formación dos alumnos –fundamental á hora de acceder ao mundo laboral-, ofrecer un posto de traballo remunerado a estas persoas durante un ano e, a maiores, para aproveitar os coñecementos e ensinanzas dos mesmos e efectuar obras que redundarán no beneficio de toda a poboación de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares