Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno ratifica o convenio asinado por Ares, Fene e Mugardos para a cesión de terreos da EDAR
29 Novembro 2007 09:29
O pleno da corporación ratificou, no marco da sesión ordinaria de fin de mes celebrada esta mañá, o convenio asinado o pasado luns polos alcaldes de Ares, Fene e Mugardos para a cesión á Consellería de Medio Ambiente dos terreos necesarios para a construcción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da marxe sur da ría de Ferrol. O acordo, que foi respaldado por unanimidade de tódolos grupos, compromete aos tres concellos a iniciar os seus respectivos expedentes expropiatorios das parcelas afectadas por esta infraestructura para que as obras poidan comezar o vindeiro verán e, ao mesmo tempo, distribúe o gasto en función do número de habitantes de cada municipio. Así, Fene farase cargo do 50%, Ares do 25% e Mugardos doutro 25%. A inversión total calcúlase nun millón de euros.
O alcalde, Julio Iglesias, neste punto e a petición dos grupos municipios, explicou os pasos dados ata o momento no que se refire ao saneamento de Chanteiro, unha actuación que, como destacou, vai ser financiada pola Consellería de Medio Ambiente. Así, indicou que existe un proxecto inicial encargado polo actual grupo de goberno a Proyfe que, como asegurou o rexedor, foi dado a coñecer pola comisión veciñal de Chanteiro para que fixesen tamén as súas aportacións –compromiso ao que chegou Iglesias con estes cidadáns-. Iglesias, que invitou aos diferentes grupos a consultar o proxecto cando o estimen oportuno, engadíu que a tramitación do mesmo comezará cando estea ultimado –iniciarase co período de exposición pública- e que, en todo caso, as obras irán en paralelo ás de propia EDAR, xa que esta última infraestructura estará conectada coa do saneamento desta parroquia do municipio de Ares.

ACCIÓNS REHABILITADORAS EN ARES E REDES
En canto á moción presentada polo BNG na que instaba ao Concello a promover un Pepri (Plan Especial de Protección e Reforma Interior) no casco antigo de Redes e un ARI (Área de Rehabilitación Integral) no casco antigo de Ares, hai que reseñar que o grupo socialista interpuxo unha enmenda que, grazas aos seus propios votos e ás abstencións do resto de formacións (BNG, PP e NAL), saíu adiante.
A enmenda foi argumentada polo rexedor, que considerou a moción moi pechada en canto ás súas propostas, tanto no ámbito como na figura solicitada. Así, o texto dos socialistas mantén a exposición de motivos da moción do BNG, pero quitando a palabra “antigo” co obxectivo de non ter problemas á hora de definir o ámbito de actuación tanto no caso de Redes como no de Ares, e propoñendo un único acordo: o de promover a elaboración dos instrumentos encaminados á protección e rehabilitación dos cascos de Redes e Ares.
Como a enmenda foi aprobada, xa non se votou o texto dos nacionalistas.
Ademais, Julio Iglesias explicou que solicitou por escrito unha reunión coa conselleira de Vivenda, Teresa Táboas (BNG) para falar precisamente destes asuntos e, na mesma liña, mantivo dous contactos telefónicos (o último esta mesma mañá) co delegado provincial de Vivenda, Carlos Bascuas, tamén cos mesmos obxectivos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares