Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello e a Consellería de Cultura asinarán un convenio de colaboración para a restauración da torre do reloxo
16 Octubre 2008 14:09
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, asinarán o convenio de colaboración a través do que a Dirección Xeral de Patrimonio procederá á restauración da torre do reloxo da praza da Igrexa de Ares. O acordo, que vén de ser recibido na Casa do Concello aresán e que asinará de xeito inmediato o rexedor socialista para remitir a continuación á titular deste departamento da Xunta, subliña o recoñecemento por ambas partes da importancia que ten a torre como símbolo principal dun espazo de relación dunha vila mariñeira e na que se realizan diversas actividades do eido cultural como na súa, ao tempo que serve de excepcional atalaia para a contemplación xeral de toda a vila e o seu contacto co mar.
Con esta intervención, que recibirá a aportación de Patrimonio de 51.807,61 euros –este organismo tamén se encargará de contratar as obras definidas no proxecto autorizado e redactado polos técnicos municipais do Concello de Ares-, o que se pretende é por en valor, a través da restauración e o acondicionamento, a torre do reloxo, que data da segunda década do século XVIII. A Administración local, pola súa banda, comprométese a autorizar a plena e libre dispoñibilidade dos terreos á Consellería de Cultura e Deporte para que ésta poida acometer as obras obxecto do convenio.
Os traballos, segundo consta no proxecto, consisten na impermeabilización da azotea (dos elementos que compoñen a cuberta) mediante láminas de PVC, no acondicionamento da fachada e interior da torre –traballos que inclúen, entre outras actuacións, a colocación dunha varanda na escaleira, a demolición dos forxados e construcción dun novo a base de vigas de madeira e o pintado interior-, e a instalación dun reloxo automatizado aproveitando as esferas do xa existente. O prazo de execución das obras é de dous meses.
Esta actuación súmase ás outras intervencións que se están levando na praza da Igrexa e que, sen dúbida, mellorarán dun xeito máis que notable este entorno. Así, hai que destacar as obras de urbanización da praza, que financia Política Territorial, cuxa primeira fase está rematada e a segunda se atopa en execución (a terceira farase cando remate a segunda), e o arranxo, o pasado ano, do reloxo da torre que levaba moitos anos sen funcionar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares