Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 26 de Xaneiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Ordenanza reguladora da tenencia, defensa e custodia dos animais de compañía entra mañá en vigor
15 Octubre 2008 12:52
A Ordenanza reguladora da tenencia, defensa e custodia de animais de compañía do Concello de Ares entrará mañá 16 de outubro en vigor, unha vez que transcorreu o período de exposición pública (trinta días) sen que se presentara reclamación algunha. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe publica a aprobación definitiva da nova normativa que, como se lembrará, foi aprobada polo pleno da corporación na sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño (día 26) cos votos favorables do grupo de goberno (PSOE), PP e NAL e coa abstención do BNG.
Con esta ordenanza o goberno local pretende regular unha serie de cuestións sobre as que ata este momento non existía ningunha normativa no eido municipal, ao tempo que da un paso importante en materia de protección e defensa dos animais, sobre todo daqueles que poidan ser maltratados ou abandoados.
No texto que mañá comezará a aplicarse regúlanse, entre outros aspectos, as obrigas e deberes que teñen os posuidores de animais domésticos (un capítulo adícase en exclusiva a detallar as obrigas dos donos de animais potencialmente perigosos en materia de seguridade cidadá, entre as que se atopa a obriga de obter licenza municipal e a creación dun rexistro municipal deste tipo de animais); acótanse os lugares e datas aos que os animais de compañía poden acceder; e faise fincapé nos dereitos dos animais (o capítulo cinco adícase á protección dos animais).
Por outra banda, a nova ordenanza introduce sancións, diferenciando entre as leves (mantelos en instalacións non axeitadas, non manter aos animais en boas condicións hixiénico-sanitarias, sacrificar animais en lugares públicos, abandonar na vía pública ou espazo público cadáveres da calquera especie animal, etc.), con multas de entre 30 e 500 euros; graves (maltrato de animais causándolles dos, abandonalos, a cría ou comercialización de animais sen cumprir os requisitos correspondentes, etc.), cuxa contía oscila entre os 300,01 e os 2.400 euros; e as moi graves (maltrato de animais causándolles a morte, a venda de animais con enfermidades infecto-contaxiosas coñecidas, a reiteración de faltas graves, etc.), entre 2.400,01 e 15.000 euros.
Pero ademais das multas, os órganos competentes (o alcalde, para infraccións leves, o director xeral de Conservación da Natureza, para as graves, e o conselleiro de Medio Ambiente, para as moi graves) poderán impoñer outras sancións, que van dende a incautación dos animais obxecto de actividades ilegais ou de abandono, ata o peche temporal o definitivo do local ou establecemento que cometa infraccións graves ou moi graves.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares