Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Concelleiros da provincia de Barcelona percorren as instalacións náuticas de Ares
08 Octubre 2008 13:10
O grupo de 48 concelleiros de Deportes –entre eles, algún alcalde e tres deputados- de diversos municipios de Barcelona que, no marco dunha iniciativa promovida pola Deputación desta provincia en colaboración coa institución coruñesa está a percorrer algúns dos concellos desta provincia, visitou esta mañá as instalacións náutico-deportivas de Ares. O alcalde, Julio Iglesias, acompañado polos edís do grupo de goberno e o presidente do Club Náutico, Fernando Montoto, exerceu de anfitrión e, ademais de recibilos na Casa Consistorial á súa chegada, realizou coa comitiva un percorrido polo paseo marítimo da vila que rematou no porto deportivo.
Neste lugar, os representantes políticos poideron comprobar “in situ” o sistema de xestión das instalacións, ademais de acceder a un dos pantaláns de dito porto, recentemente ampliado –na actualidade, este porto conta con 400 puntos de atraque-.
Segundo informou o coordinador de Deportes da Deputación de A Coruña, Miguel Sánchez, esta visita comezou a xestarse hai uns meses, cando o responsable de Deportes da Deputación de Barcelona se puxo en contacto con responsables da institución coruñesa co obxectivo de coñecer algunhas instalacións deportivas dos municipios pequenos e medianos da provincia e, deste xeito, recoller aquelas iniciativas que eles considerasen de interese.
Ademais de Ares que, xunto con Sada, foron elixidas pola Deputación no eido dos deportes náuticos, os concelleiros cataláns visitaron ao longo dos últimos tres días –o programa comezou o luns e remata hoxe- as instalacións fluviais de Ames, o pavillón multiusos de Santiago, as novas instalacións deportivas e a parte do camiño inglés de Oroso e o campo de fútbol e o parque acúatico de Cerceda. A visita de hoxe tamén incluíu o municipio de Fene, donde os edís coñeceron a piscina cuberta e fixeron unha viaxe en lancha ata o porto exterior de Ferrol, e, finalmente, participaron nunha comida no Náutico de Ares. Neste xantar estiveron presentes de novo o rexedor aresán e parte do equipo de goberno.
Miguel Sánchez afirmou que, a pesares de que os cataláns son pioneiros en moitas das instalacións deportivas, houbo nesta visita algunha cuestión que foron recollidas con moito interese por parte destes concelleiros. Algunha, incluso, que inicialmente fora tomada de municipios de Cataluña.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares