Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 17 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Deportes e actividades culturais centran as actividades de Nadal das vindeiras xornadas
26 Decembro 2007 09:21
O Concello de Ares, proseguindo co calendario de actividades de Nadal que organizan as áreas de Cultura e de Deportes, céntrase nestes días previos ao remate de ano no deporte e os obradoiros e iniciativas de carácter cultural. Así, dende o luns e ata mañá xoves, estase a celebrar o Torneo de Minitenis Nadal 2007 no pavillón deportivo municipal, nunha actividade dirixida a nenos de 6 a 12 anos na modalidade de dobres ao mellor de tres xogos.
Este torneo é polas mañás, mentres que o 3x3 de Nadal de baloncesto, fútbol e tenis adaptado, que se disputa hoxe e mañá, será entre as 17.00 e as 19.30 horas. Dita actividade diríxese a maiores de 12 anos, en equipos de ata catro xogadores.
Por outra banda, esta mañá levouse a cabo na Alianza Aresana un obradoiro de manualidades, para rapaces entre 6 e 10 anos. Tamén hoxe, neste caso pola tarde, a Alianza Aresana acollerá a proxección da película “Harry Potter y la orden del Fénix”. O pase será ás 18.00 horas.
Xa mañá, o Mago Martín será o protagonista da xornada. O artista ofrecerá un espectáculo de maxia para todos os públicos e gratuito, que comezará ás 18.30 horas no Casino Aresano.
En canto ao vernes, terá lugar unha jinkana de Nadal, que levará o título de “Atopa a frase perversa”. Trátase dunha actividade que mestura a animación á lectura e o deporte e na que poderán tomar parte tódalas persoas que queiran sen límite de idade, por parellas.
A entrega de premios do concurso “Chamares: Búscame un nome!!!”, ás 17.00 horas na Alianza, e a sesión de contacontos de Trinke-Trinke, ás 17.30 horas na Alianza Aresana, completan as actividades da xornada do venres, día 28 de decembro.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares