Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Nenos de Ares e noruegueses acuden esta tarde ao partido que enfrontará ao Depor co Brann
02 Octubre 2008 12:09
Un total de 48 escolares de Ares de entre 6 e 15 anos acudirán esta tarde ao partido da UEFA que enfrontará en Riazor ao Deportivo da Coruña e ao S.K. Brann de Bergen (Noruega). O clube coruñés, do que é socio este Concello, cursou hai días a invitación, que foi recibida de moi bo agrado por parte dos rapaces. Deste xeito, presenciarán o encontro, ademais dos rapaces, catro pais dos nenos inscritos e o alcalde, Julio Iglesias, que exercerán como responsables dos asistentes.
A idea inicial pasaba por incluir nesta iniciativa tanto a pais como a rapaces noruegueses afincados en Ares, se ben estes últimos xa tiñan reservadas as entradas e o transporte con anterioridade á chegada da invitación do Deportivo.
O Concello contratou un autobús, que sairá da Porta do Sol ás 19.15 horas. A chegada será no mesmo punto unha vez que remate o partido, sobre as 23.30-24.00 horas (dependendo de se hai prórroga ou non).
O fútbol supón, sen lugar a dúbidas, un dos principais lazos de unión entre a comunidade norueguesa e os aresáns, xa que o clube do municipio, o Numancia, ten entre as súas filas a moitos dos nenos cuxos pais traballan na construcción das fragatas para o país nórdico e residen en Ares. Neste sentido, hai que lembrar que coincidindo co encontro de ida (aínda que unhas horas antes do partido dos “maiores”), o campo de Prados Vellos acolleu o día 18 de setembro o encontro das versións “infantís” das dúas escuadras.
Tampouco hai que esquecer, dentro desta liña de colaboración, a Semana Norueguesa que organizou o Concello de Ares o pasado mes de xuño coa Embaixada do país nórdico en España, con grande éxito de participación por ambas comunidades.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares