Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno de Ares afirma que se alguén se está a comportar de forma insolidaria cos cidadáns do municipio é o grupo do BNG
01 Octubre 2008 12:29
O goberno local de Ares quere saír ao paso das recentes declaracións do BNG sobre a postura do grupo socialista con respecto á moción na que os nacionalistas pedían a construcción dun novo centro escolar para paliar os problemas existentes no Conde de Fenosa.
Os responsables municipais, do PSOE, queren puntualizar, en primeiro lugar, que a súa formación, coñecedora de ditos problemas de espazo do centro, leva negociando, e en constante diálogo coa comunidade escolar, solucións coa Consellería de Educación e a Delegación Provincial deste departamento dende que acedeu ao goberno local e, polo tanto, non consinten que ningún grupo cuestione a súa posición sobre o tema e moito menos que a cualifiquen de “insolidaria” e “vergoñenta”. Ademais, o grupo de goberno basea a súa postura no último pleno argumentando que se precisamente o que se pretende é por solución aos problemas existentes no colexio, o máis axeitado, rápido e viable –así tamén o contemplan os estudos realizados por parte da propia Consellería- é facer unha ampliación das instalacións existentes.
Nesta liña, os mandatarios locais subliñan que a construcción do colexio, entre a compra dos terreos, a fase de licitación e a execución dos traballos, suporía un período de varios anos, mentres que as outras alternativas, como a súa ampliación, podería quedar solventada nun único curso.
Ao seu xuízo, o grupo do BNG é o menos autorizado para por en dúbida as intencións dos socialistas. “Se alguén é insolidario e ten unha actitude vergoñenta cara á cidadanía de Ares é o BNG”, aseguran dende o goberno do PSOE, que lembran que a organización nacionalista non tivo ningún reparo nin cargo de conciencia á hora de votar en contra do expediente de modificación de crédito que incluía partidas necesarias para a execución de actuacións de grande importancia para o municipio (pavimentación de Redes, parque infantil de As Mirandas, alumeado do campo de fútbol de Prados Vellos, a instalación de diversos puntos de luz –entre eles a mellora nas rúas Real e María-, a compra da Escola de Nenas para a posta en marcha da Casa da Xuventude, a piscina municipal que compartirán Ares e Mugardos, a adquisición dun camión con grúa e volquete e dun todoterreo para a Policía Local, o pagos dos gastos da cea-homenaxe ás persoas maiores do municipio ou o soterramento de contenedores, entre outras). Tampouco tivo presente, baixo a opinión do grupo de goberno, o interese xeral á hora de non apoiar a cesión dos terreos ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para a construcción da galescola e do centro de día para persoas maiores.
Os responsables locais consideran que o único interese da formación nacionalista aresá é o de enfrontarse coa Consellería de Educación. Neste sentido, aseguran que o nivel de confrontación do BNG de Ares co resto de administracións pasou tódalas fronteiras imaxinables e, a este respecto, lembran que esta política de deslealdade afecta incluso ao seu propio partido. O acontecido con Vicepresidencia, poñendo en cuestión e non apoiando a ubicación da galescola e o centro de día proposta polos seus técnicos, ou unha recente nota de prensa na que pedían explicacións ao conselleiro de Industria sobre uns compromisos adquiridos na súa visita a Ares, amosan que os nacionalistas deste municipio non atenden a ningún tipo de criterio político que non sexa o de tumbar calquera proposta que veña ou na que colabore o actual grupo de goberno.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares