Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 05 de Decembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MerAres - Campaña en colaboración coa hostelería e comercio de Ares

PEL REACTIVA

SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde asina dous importantes contratos para as obras de A Xunqueira e da Praza da Igrexa
01 Octubre 2008 12:02
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, vén de asinar o contrato para a execución dos traballos de recuperación de A Xunqueira e o da segunda fase das obras da praza da Igrexa. En total, as partidas que se desembolsarán para as dúas actuacións ascenden a 525.965,68 euros, o que da unha idea da importancia das intervencións que se levarán a cabo neste municipio.
No que se refire ás obras de acondicionamento do parque fluvial do río Xunqueira, será a empresa Concifa a que se encargue da execución dos traballos. A intervención, que responde a un convenio de colaboración suscrito coa Consellería de Medio Ambiente –departamento que asumirá o custe da actuación-, está estructurada en dúas fases cun prazo de execución de seis meses para cada unha. A primeira, foi adxudicada a Concifa por un importe de 182.009,10 euros, mentres que a segunda será executada pola mesma empresa por 194.045,14 euros.
A contratación foi realizada por procedimiento negociado, polo que para a selección da empresa adxudicataria foron requeridas tres ofertas diferentes. Finalmente, a de Concifa resultou a máis ventaxosa e, polo tanto, foi a elixida para executar esta actuación, coa que se recuperará unha das máis importantes zonas verdes do municipio e incluso da comarca.
En canto á praza da Igrexa (Sánchez Barcáiztegui), trátase da segunda fase de urbanización de dito espazo. Neste caso, os traballos, que teñen un prazo de execución de catro meses e un importe de 149.911,44 euros (financiados por Política Territorial), consisten no soterramento de canalizacións. A encargada de executar a intervención, e coa que o alcalde asinou o contrato, é Xestión Ambiental de Contratas. A urbanización desta praza rematará coa terceira fase.
Unha vez asinados sendos contratos, as obras comezarán de xeito inmediato.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares