Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local cualifica a postura do BNG sobre a galescola de "totalmente contradictoria"
29 Setembro 2008 10:26
O goberno de Ares (PSOE) considera que a postura do BNG de Ares con respecto á galescola é “totalmente contradictoria” e fixada exclusivamente segundo o interese político de cada momento. Nesta liña, os responsables municipais non saen do seu asombro pola nota de prensa emitida esta mesma fin de semana polos nacionalistas felicitando a Vicepresidencia e incluso anunciando o próximo inicio das obras da escola infantil cando, subliñan, este grupo municipal non foi quen de apoiar no pleno pertinente e celebrado o pasado 22 de novembro a cesión dos terreos para a construcción desta importante infraestructura para Ares.
Para o goberno local, o único obxectivo do BNG é o de tumbar todas e cada unha das propostas que veñan dende a Alcaldía, incluso cando, como sucedeu coa galescola, os propios técnicos de Vicepresidencia, ao fronte da que está o propio Bloque Nacionalista Galego (institución coa que, por outra banda, o Concello mantén unhas relacións e unha colaboración excelente dende o principio do mandato), apoiaron a construcción da galescola na parcela ofrecida polo Concello e situada en Granxares. Por iso, o grupo de goberno de Ares pide aos nacionalistas que deixen xa de estar en permanente campaña electoral e que asuman os seus votos nos plenos. “Non é de recibo que non voten no pleno a favor da cesión dos terreos para a galescola e que tan só uns meses máis tarde teñan a desfachatez de anunciar o inicio das obras desta mesma infraestructura como se, aínda por riba, fose un mérito e unha xestión deles”, afirman dende o goberno aresán, que tamén lembra que os traballos do centro de día, que tampouco foi respaldado polo BNG, levan en marcha aproximadamente un mes sen que, curiosamente, se fixera anuncio algún pola súa parte.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares