Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza o vindeiro 26 de outubro a "I Festa de Exaltación da Froita Autóctona"
27 Setembro 2008 10:22
O Concello de Ares, en colaboración coa Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume e o seu Entorno, organiza a que será a “I Festa de exaltación da froita autóctona”. Esta actividade terá lugar o día 26 do vindeiro mes de outubro na praza da Igrexa e Alianza Aresana (se chove, o evento trasladarase á zona cuberta do colexio Conde de Fenosa).
A froita de outono será a protagonista dunha xornada que se iniciará ás 10.00 horas e que se prolongará durante todo o día. Un concurso de froitas, no que se poderán inscribir todas aquelas persoas que desexen; unha degustación gratuita de froita natural e preparada; unha exposición cunha zona de venta incluida adicada aos veciños da comarca que se adican a estas tarefas; e unhas charlas na Alianza que versarán sobre a importancia, por exemplo na dieta, e a posta en valor da froita formarán parte do programa, que se completará con actuacións musicais, tanto ao mediodía como a última hora da tarde.
A intención do grupo de goberno, que agarda que esta iniciativa sexa recollida con interese por parte dos veciños deste e doutros municipios colindantes, pasa por repetir esta iniciativa en vindeiros anos. Precisamente esta semana, os responsables desta entidade mantiveron un encontro co alcalde, Julio Iglesias, para pechar a data do evento e para abordar algunhas cuestións referidas ao calendario de actividades previstas, que quedarán concretadas con carácter definitivo en vindeiras datas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares