Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A directora xeral de Administración Local e a delegada provincial de Presidencia visitaron as obras de pavimentación de Redes
25 Setembro 2008 16:06
A directora xeral de Administración Local, Begoña Rodríguez Rumbo, e a delegada provincial de Presidencia, Aurora Moinelo, realizaron esta mañá, acompañadas polo alcalde de Ares, Julio Iglesias, as obras de pavimentación e dotación de servizos nas rúas do Medio, Ribeira, de Arriba e tramo da rúa de Abaixo, en Redes. E é que esta institución financia boa parte da actuación, xa que dos 299.000 euros nos que foi adxudicada, 200.000 corren a cargo deste departamento da Xunta (30%) e dos fondos europeos Feder (70% da partida subvencionada). Precisamente hoxe, no marco da sesión ordinaria de fin de mes, o pleno aprobou, cos votos a favor do PSOE e PP e o rexeitamento do BNG e NAL, a modificación de crédito que contempla a partida de 99.000 euros que lle corresponde aportar ao Concello nesta importante actuación para a vila de Redes.
Os responsables políticos poideron comprobar in situ o avanzados que van os traballos en tódalas vías obxecto da intervención que está a executar a empresa Concifa. Polo tanto, todo apunta a que se cumprirán os prazos estipulados e que a mediados do vindeiro mes a actuación estará rematada.
As obras consisten na substitución do pavimento actual de hormigón, que se atopa en moi mal estado nesta rúas do casco antigo de Redes, por outro de lousas de granito máis acordes co entorno. Así mesmo, procederase á reposición dos servizos e canalizacións soterradas de abastecemento de auga, saneamento de fecais, recollida de pluviais, telefonía, alumeado público e enerxía eléctrica.
Como se lembrará, a subvención da intervención en marcha foi asinada o pasado mes de maio por Iglesias e a responsable de Administración Local, dependente da Consellería de Presidencia. A resolución pola que o Concello recibe a achega económica correspóndese coa Orde de 28 de decembro de 2007 do titular de Presidencia pola que se anunciaban as axudas para subvencionar a realización de infraestructuras de uso público en ámbitos urbáns e rurais por parte dos Concellos de Galicia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares