Varias ducias de veciños concéntranse fronte o Consistorio aresán en repulsa polo último atentado de ETA
23 Setembro 2008 12:19Varias ducias de persoas, entre veciños, parte da corporación municipal e persoal do Concello, concentráronse ás doce deste mediodía fronte o Consistorio aresán en sinal de repulsa polo último atentado da banda terrorista ETA, que acabou coa vida do Brigada do Exército Luis Conde de la Cruz. Tal e como dicía a convocatoria da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), os asistentes gardaron cinco minutos de silencio.
O concelleiro José Ferreiro, en ausencia do alcalde, Julio Iglesias, que tiña unha reunión de traballo fóra do municipio, foi o encargado de condenar o asasinato perpetrado en Santoña (Cantabria). O edil socialista non só fixo público o “máis enérxico” rexeitamento polo atentado, senón que tamén transmitíu o pésame á familia, compañeiros e amigos de Luis Conde.