Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 21 de Octubre de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello abre hoxe o prazo de inscripción para a participación nas Escolas Culturais deste curso
22 Setembro 2008 12:07
A Concellaría de Cultura de Ares, que preside a edil socialista Ana Fernández Coira, abre hoxe o prazo de inscripción para a participación nalgunha das Escolas Culturais que organiza para o presente curso o Concello e que comezarán o día 1 de outubro, agás o obradoiro de informática, que o fará o día 13 do vindeiro mes. As persoas interesadas deberán cubrir un impreso e entregalo na Alianza Aresana, lugar no que se poderá facer o ingreso correspondente a cada curso (tamén está aberta a conta de Caixanova 2080 0609 15 0040000342). O custe das actividades será diferente en función do obradoiro e, ademais, aplicarase unha reducción do 50% na matrícula e nas mensualidades para as familias numerosas e do 100% nos casos de familias sen recursos económicos (previo informe dos Servizos Sociais).
As persoas que formalicen a súa matrícula deberán entregar, ademais da propia solicitude de inscripción, unha fotocopia do DNI ou do libro de familia. Os cursos estarán abertos a tódolos veciños que o desexen (as idades mínimas varían segundo a actividade ofertada); iso si, seguirase unha rigurosa orde de inscripción ata acadar o límite de prazas establecido para cada actividade.
Teatro, bolillos, manualidades, francés, inglés e gaita e percusión son algunhas das propostas da Concellaría de Cultura para este ano.

DIVERTIXOGOS

Ademais destes obradoiros, a Concellaría de Cultura organiza este curso os Divertixogos, un espazo socioeducativo dotado de xogos e xoguetes que pretende favorecer o desenvolvemento persoal, social, afectivo e cognitivo dos participantes con idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos. Dita actividade impartirase, de luns a venres entre as 15.30 e as 19.30 horas, na aula de Infantil do CPI Conde de Fenosa.
Segundo se explica dende a área que dirixe Ana Fernández, este servizo cumpre unha dobre función: por unha banda, a educativa como complemento da escola e a familia, sendo pois un axente dinamizador das inquedanzas e demandas dos propios participantes e, por outra, a integradora de tódolos nenos e nenas que acudan á mesma, xa que se lles ofrecerá un espazo no que manifestar as súas opinións e ideas persoais, ademais de potenciar a súa interacción.
A adxudicación de prazas, neste caso, levarase a cabo en función da orde de solicitude de ingreso, debidamente presentada na Alianza, pero tendo en conta como criterios prioritarios a solicitude por parte de familias carentes de recursos económicas e/ou con necesidades de integración social e de aquelas nas que traballen os dous proxenitores. Se a demanda fora superior ao número de prazas ofertadas, o criterio a seguir será o dos ingresos da unidade familiar.
Do inicio e contidos das Escolas Culturais informouse á oposición na comisión da área, celebrada a pasada semana.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares