Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 28 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Consellería de Pesca inviste máis de 644.000 euros en equipamentos pesqueiros para a Confraría de Ares
12 Setembro 2008 14:46
A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, e o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, visitaron esta mañá o Concello de Ares. Ademais da visita institucional, na que estiveron acompañados polo alcalde da vila, Julio Iglesias, os integrantes do grupo de goberno e dalgúns dos concelleiros dos grupos da oposición (BNG e NAL), a comitiva fixo un percorrido polas obras do edificio de departamentos de usuarios que se están a executar na zona do peirao de Ares.
O investimento deste departamento da Xunta en equipamentos pesqueiros, nos que se atopa a propia nave, unha carretilla elevadora e unha máquina de xeo, supera os 644.000 euros, segundo subliñou a conselleira na comparencia que fixo ante os medios de comunicación. Neste sentido, Carmen Gallego informou de que os traballos estarán rematados o 30 de novembro, ao tempo que explicou que o investimento superou as previsións iniciais, xa que houbo que facer un modificado do proxecto.
Gallego lembrou que a nave para os integrantes da Cofradía de Ares resposta a unha reclamación que se remonta a moitos anos atrás e que veu sempre do propio pósito, dalgún grupo e, sobre todo, do actual rexedor, Julio Iglesias, “que fixo fincapé na necesidade de facer unha estrutura que dera resposta ás demandas dos pescadores para que poideran ter un nivel de calidade axeitado e que poideran facer o seu traballo dun xeito mellor”, dixo a conselleira.
Na mesma liña manifestouse o alcalde de Ares, que ademais de destacar o carácter profundamente pesqueiro desta vila, asegurou que foi o actual goberno autonómico o que asumíu as demandas do colectivo, “despois de que pasaran os anos sen que os pescadores de Ares viran mellora algunha”, manifestou o rexedor socialista.
O novo edificio de departamentos conta cunha superficie total de 1.174,65 metros cadrados, dos que 985,77 son útiles. En total, haberá oito departamentos de usuarios; un vestíbulo, un almacén xeral, un almacén de caixas, unha zona de cámaras frigoríficas, aseos (un deles para persoas con discapacidade), duchas, distribuidor e unha zona de redes. Os traballos, cofinanciados con fondos europeos IFOP, están sendo executados pola empresa Bardera Obras Civiles y Marítimas, S.L.

GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA
A conselleira, por outra banda, tivo palabras de agradecemento ao alcalde de Ares pola implicación do Concello na constitución dos Grupos de Acción Costeira, que pretenden, como explicou Gallego, a posta en valor de diversas políticas no borde litoral galego semellantes ás postas en marcha no seu día no desenvolvemento do sector rural e agrario. Este plan estará en vigor ata o 2013.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares