Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comezan as obras de construcción do centro de día na parcela de Marina do Pombal cedida polo Concello
02 Setembro 2008 15:42
A empresa Kotlas, S.L., adxudicataria dos traballos de construcción do centro de día de Ares, comezou esta mesma mañá as obras de construcción do centro de día para persoas maiores na parcela cedida polo Concello e situada nas proximidades da urbanización Marina do Pombal, en Caamouco.
A actuación, demandada dende o pasado ano polo alcalde de Ares, Julio Iglesias, e asumida polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ten un prazo de execución de 8 meses (a empresa rebaixou en dous os que se contemplaban no anuncio de licitación) e un orzamento de 778.878,50 euros (tamén houbo unha baixa sobre o orzamento base, fixado en 871.871,02 euros), dividido nas anualidades do presente 2008 e do 2009. Polo tanto, e sempre que se cumpran os prazos estipulados, o novo centro de día aresán podería estar rematado o vindeiro mes de abril de 2009.
Segundo consta no proxecto constructivo, o centro de atención a persoas maiores contará cunha capacidade para 40 usuarios e, ademais, disporá de instalacións para a posta en marcha dun servizo de comedor sobre rodas, comedor social e lavandeiría sobre rodas, en demanda proporcional á capacidade do centro.
Trátase dunha edificación aillada dunha pranta, formada por unha peza rectangular situada en forma paralela á rúa e tres bloques que se construirán dunha forma perpendicular á primeira. En total, habilitaranse catro áreas diferenciadas: Acceso e recepción; actividade (cunha sala polivalente, taquillas, sala de rehabilitación, sala de curas/consultas médicas, comedor, habitación de lecer, tres baños asistidos e 2 aseos asistidos); administrativa e de atención do persoal (despachos, sala de xuntas, etc.); e auxiliar e de servizo (cociña, despensas, almacéns, lavandeiría, etc.).
A superficie útil construida ascenderá a 749,80 metros cadrados. Ademais, urbanizarase unha zona exterior de 3.023,21 metros cadrados para áreas de uso privado e outra de 1.155,20 para uso público. Dentro destas, destacan as zonas axardinadas, nas que está previsto que se planten especies autóctonas.
A superficie bruta da parcela cedida polo Concello de Ares para poder executar o centro de día é de 5.000,96 metros cadrados.
O alcalde de Ares mostrou a súa satisfacción polo inicio dos traballos, xa que se trata dun paso fundamental para que este municipio, cunha importante franxa poboacional de persoas da terceira idade, conte cun servizo de atención especializada a estes veciños, ata o de agora inexistente.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares