Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Piratas de Redes "invaden" mañá a praia de Río Castro para rescatar ao alcalde de Ares
22 Agosto 2008 12:47
Os Piratas de Redes tomaranse mañá a revancha e, despois do recente “ataque” dos vikingos de Río Castro a Redes, que se saldou co “secuestro” do alcalde de Ares, Julio Iglesias, acudirán en masa, por terra e mar, á praia fenesa para non só recuperar ao rexedor, senón tamén para levarse a algún veciño do municipio veciño e, deste xeito, que poida ser liberado o ano que ven.
Nesta actividade, que se ten convertido nun dos principais atractivos do período estival na comarca e que conta coa colaboración activa do Concello de Ares –o goberno local leva meses traballando de forma conxunta cos organizadores desta iniciativa- e da Dirección Xeral de Turismo, están inscritas case 600 persoas (200 máis que o ano pasado). Por 12 euros, prezo da inscripción, os participantes recibirán unha camiseta e un pano da cabeza, ademais de ter dereito ao aperitivo que se desenvolverá na praia de Río Castro e da churrascada que terá lugar no peirao de Redes sobre as 21.30 horas.
O asalto á praia de Río Castro comezará ás 17.00, hora á que están citados os participantes. A invasión, que se fará despois da reunión previa no peirao de Redes, farase por terra e por mar, estando prevista a utilización de numerosas embarcacións de todo tipo. Unha vez no areal fenés e despois da “loita” cos vikingos, os participantes poderán disfrutar dun aperitivo. Á volta, co alcalde “liberado” e co novo secuestrado, neste caso de Fene, terá lugar a cea, consistente nunha grellada de panceta, lomo, polo e longaniza. O dúo Galitalia será o encargado, sobre as 21.30 horas, de amenizar a velada, que está previsto que se prolongue ata altas horas da noite.
Ás 24.00 horas, os organizadores farán entrega dos premios, consistentes nun cofres con monedas de euro, que serán para as mellores embarcacións –ás máis acordes coa festa- e para o mellor disfraz pirata. Tamén haberá un sorteo de premios, para o que os interesados deberán mercar as rifas que estarán a disposición de tódolos veciños ao longo da xornada.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares