Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O servizo de aluguer de bicis quedou inaugurado hoxe cun percorrido pola vila
01 Agosto 2008 11:55
O alcalde, Julio Iglesias, a concelleira de Turismo, Ana Fernández, a responsable de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, e representantes dunha ducia de asociacións do municipio (entre elas o Club Náutico, Xábrega, Asociación de Amigos de Santa catalina, Asociación Concepción Arenal, etc.) participaron esta mañá nun percorrido pola vila que servíu para dar por inaugurado o servizo de aluguer de bicis, “BicicletARES”, unha iniciativa enmarcada dentro do Plan de Dinamización do Produto Turístico das comarcas de Ferrol-Ortegal. Os participantes saíron dende a Alianza Aresana, lugar habilitado como estación central e foron en bici polo paseo marítimo ata a ponte da Ciscada, para rematar o traxecto de novo na Alianza Aresana.
Como explicou a concelleira de Turismo, o servizo, aínda que se inaugurou hoxe, comezará a funcionar o vindeiro luns. Ata o día 9, dito servizo será gratuito, mentres que a partires de entón, empezará a aplicarse a ordenanza municipal aprobada polo pleno da corporación. A normativa estipula que o prezo será de 2,5 euros por persoa nos alugueiros que se fagan ben en horario de mañá ou ben no de tarde, e de 4 euros por persoa para o alugueiro individual durante todo o día. No caso dos grupos, entendidos como tres persoas ou máis, a tarifa será de 1,5 euros por cabeza para o alugueiro de mañá ou de tarde, e de 3 euros para o de todo o día. As normas fixan un máximo dun día por alugueiro.
As persoas interesadas en alugar unha bici deberán abonar a taxa establecida e deixar na oficina o DNI orixinal, o carné de conducir ou o pasaporte. Ademais, é obriga dos usuarios –das persoas que contraten o servizo, non os que o utilicen, teñen que ser maiores de idade- cumprir o tempo pactado. As sillas de nenos non se cobrarán.
O servizo estará operativo este ano ata o mes de outubro, aínda que todo dependerá de factores tales como a climatoloxía. En canto ao que se refire ao ano que ven, Ana Fernández informou de que o aluguer estará operativo dende o mes de abril ata o remate do verán e que incluso está previsto poñelo a disposición dos cidadáns en épocas festivas tales como a Semana Santa.
En total, “BicicletARES” conta con 32 bicis de tódolos talles (homes, mulleres, nenos e incluso unha para discapacitados) e cos seus respectivos complementos. O Concello instalou 23 aparcadoiros de bicicletas por todo o municipio (tanto na vila como nas diferentes parroquias e lugares), dos que seis funcionarán como estacións de aluguer. Ditos puntos de aluguer están situados no Club Náutico de Ares, Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, CIRS de Cervás, caseta de turismo, Club de Tenis de Redes e centro cultural Alianza Aresana, que funcionará como estación central. Fóra dese período poderá concertarse o servizo, pero unicamente para grupos organizados e sempre dende a Alianza.
A inversión desta actuación correu a cargo da Deputación –o proxecto contou cun orzamento duns 44.000 euros-, mentres que a xestión do servizo será do Concello.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares