Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Política Territorial executará a mellora da estrada AC-123 no tramo que une Franza con Ares
23 xullo 2008 14:43
O delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Alberto González, anunciou, no marco dunha visita que fixo esta mañá a Ares, que o seu departamento asumirá as obras de mellora do vial AC-123, no tramo que une Franza (Mugardos) con Ares. Deste xeito, tal e como explicaron o propio González e o alcalde de Ares, Julio Iglesias, favoreceranse os accesos tanto á piscina que compartirán os Concellos de Ares e Mugardos, como ao futuro parque fluvial da Xunqueira, ademais de mellorar as condicións de seguridade de conductores e peóns.
A actuación, que se executará ao longo de 2009, conta cun investimento de dous millóns de euros. Os traballos realizaranse na propia calzada, sobre a que, entre outras melloras como a pavimentación da mesma con aglomerado, se fará unha senda peonil no marxe esquerdo da estrada e, ademais, se executarán oas accesos ás vivendas.
En concreto, e de esquerda a dereita, a senda peonil terá 1,80 metros de ancho, a zona verde 0,50, a cuneta revestida 1,50 metros, o arcén 0,50, cada un dos dous carrís 3 metros e, finalmente, o outro arcén 0,50.
Por outra banda, o delegado provincial comunicoulle ao rexedor a aportación de 95.000 euros ao Concello de Ares por parte da Consellería de Política Territorial para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, sobre o que a corporación municipal na actualidade está a traballar.
O alcalde socialista aproveitou a reunión con Alberto González para pedirlle que o seu departamento estude a posibilidade de mellorar o trazado da estrada que une Limodre con Redes para correxir o trazado do vial, xa que neste se atopan unha serie de curvas moi perigosas.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares