Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares falou da necesidade de mudar as conciencias para poder erradicar a violencia de xénero
11 xullo 2008 20:09
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, foi o encargado de clausurar as II Xornadas sobre a Violencia de Xénero que, organizadas pola Concellaría de Muller, se desenvolveron ao longo de onte e hoxe na Alianza Aresana. O rexedor falou ante o medio centenar de persoas que se inscribiron en ditas xornadas da necesidade de mudar as conciencias para poder erradicar a violencia de xénero. Nesta liña, Iglesias manifestou que, a pesares de que “nunca tanto se fixo en materia de violencia de xénero”, na actualidade ésta segue a ser unha lacra.
En materia lexislativa aínda resta “moito camiño por facer”, a xuízo do alcalde, que propuxo, entre outras medidas, a creación dun Fondo de Garantías para o pago das pensións alimentarias a aquelas mulleres que están a padecer este problema por parte das súas ex parellas. A este respecto, explicou que con esta fórmula o Estado adiantaría a contía, pasando a ser acreedor e, polo tanto, actuando en consecuencia en contra do home que non paga a pensión á súa ex parella. Así mesmo, defendeu a chamada Lei do Divorcio “Express”, que permite por fin a unha relación a partires dos tres meses do matrimonio e, sobre todo, sen ter que “explicar a súa vida persoal e íntima a ninguén” e, polo tanto, reducindo os problemas creados pola necesidade de expor unha motivación para acadar o divorcio.
Parte do discurso do rexedor centrouse no dereito. “Cando falamos da erradicación da violencia de xénero o que un primeiro pensa é no dereito como un dos instrumentos básicos, pero non podemos deixar ao marxe que o dereito tamén foi culpable de que padezamos a violencia de xénero”, afirmou Julio Iglesias, que engadíu que “como mecanismo de resolución de conflictos, o dereito é cultural, e como todo produto intelectual, o dereito tamén está mediatizado por circunstancias ambientais, sociais, económicas…”. “O dereito non é mellor nin peor que a sociedade que o crea”, dixo.
Como exemplo, mencionou o contido do libro “La catedral del mar”, de Ildefonso Falcones, que narra, a través da vida cotiá de dúas xeneracións de paieses cataláns do século XIV, a tentativa de escapar dos señores feudais para facerse homes libres, e o comparou coa sociedade do século pasado, na que ata os anos 80 producíanse situacións de “auténtico escándalo”. Así, falou da dote, da patria potestade dos fillos dun matrimonio para o home, a imposibilidade de que a muller fixese practicamente nada, como incluso abrir un comercio, sen a licenza marital, as dificultades das nais solteiras ou as inxustizas en materia de delitos sexuais do Código Penal de non hai tantos anos. A Constitución do 78 e, sobre todo, as reformas feitas polo Goberno socialista nos anos 80 en Dereito de Familia foron, para o alcalde de Ares, fundamentais para cambiar estas situacións e comezar a poñer á muller no lugar que lle correspondía.
“¿Que pensarán agora os nosos avós se cando casaron o contido legal do matrimonio non tiña nada que ver co actual?”, preguntouse Iglesias, que neste sentido, referiuse á necesidade de mudar as conciencias. “A lei publícase no BOE dun día para outro e xa entra en vigor, pero, ¿cantas palabras son necesarias para mudar as conciencias?”, concluíu.
Despois da clausura, procedeuse á entrega dos diplomas aos asistentes ás xornadas (moitos deles técnicos de Concellos de toda Galicia e integrantes de entidades sociais) e, como remate, o Concello convidounos a un aperitivo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares