Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Xunta autoriza a sinatura dun convenio co Concello para o parque fluvial de A Xunqueira
10 xullo 2008 18:21
O municipio de Ares contará cun parque fluvial na Xunqueira grazas ao convenio de colaboración que asinarán proximamente a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e o Concello. Esta mesma mañá, o Consello da Xunta autorizou a sinatura de dito documento, no que se establece que o investimento desta actuación, cuantificada en 376.000 euros para dúas anualidades e outras tantas fases, correrá a cargo integramente do departamento que dirixe o socialista Manuel Vázquez.
A primeira fase enmarcarase dentro desta anualidade e consiste no acondicionamento dunha parcela de 12.200 metros cadrados, mentres que a segunda se executará con cargo ao orzamento autonómico de 2009. O proxecto ten un prazo de execución de 12 meses e persegue recuperar, protexer e potenciar o humidal, adecuando a zona para facilitar o acceso dos cidadáns ao mesmo e posibilitando o coñecemento da flora e fauna existentes neste espazo, así como o seu desfrute.
Segundo consta no estudo, os traballos consistirán no desbroce e limpeza do terreo (esta intervención é de grande importancia na primeira fase, posto que a maleza existente na actualidade impide o acceso á zona húmida); explanación e rasanteo; a execución dunha senda peonil, dunha pasarela e dunha varanda de madeira, que irá dende a ponte da Ciscada (punto no que desemboca o río Xunqueira) ata a propia Xunqueira; e a ubicación dun observatorio de aves, entre outros traballos.
Pero esta non será a única actuación que se levará a cabo na Xunqueira no curto prazo, senón que hai que lembrar que o pasado mes de xuño o Concello de Ares asinou un convenio de colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural por un importe de 2.800 euros que inclúe a realización, por parte desta entidade e en colaboración coa administración aresá, dun estudio medioambiental deste humidal.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, que leva meses xestionando a sinatura deste convenio, valorou positivamente o acordo do Consello da Xunta, xa que se trata dunha actuación de grande importancia para o Concello, tanto no que refire ás políticas de protección do medio ambiente, como no relativo á posta en valor dun espazo que nos últimos anos foi obxecto de numerosas agresións e que o vindeiro ano poderá ser disfrutado polo conxunto dos veciños de Ares e de fóra deste municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares