Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Sestayo afirma en Ares que os malos tratos son "a manifestación máis brutal da desigualdade"
10 xullo 2008 18:11
A responsable da área de Benestar Social do Concello de Ferrol, Beatriz Sestayo, e a concelleira de Servizos Sociais de Ares, Victoria Montenegro, foron as encargadas de inaugurar as II Xornadas sobre a Violencia de Xénero que organiza o CIM (Centro de Información ás Mulleres) deste municipio na Alianza Aresana e que conta con medio centenar de persoas inscritas.
A edil ferrolá, que tamén é deputada no Parlamento Galego, asegurou no seu discurso inaugural que “os malos tratos son a manifestación máis brutal da desigualdade”, ao tempo que engadíu que os homes que agreden ás súas parellas ou ex parellas parten da premisa de que “son donos do corpo e a alma das persoas coas que conviviron ou compartiron parte das súas vidas”.
Sestayo referiuse á Lei Integral contra a Violencia de Xénero como un “paso fundamental”, xa que abordou “como queriamos as mulleres, é dicir, de forma integral” este grave problema. Así mesmo, a concelleira mostrou a súa preocupación e dos servizos sociais por aquelas mulleres que non acuden a todos aqueles organismos e institucións (Policía, Xulgado, Centros de Información ás Mulleres, etc.) e, neste sentido, abogou por, en primeiro lugar, mellorar os recursos dos servizos existentes e aos que xa acuden as mulleres, e, en segundo, por facer chegar “o noso eco” a todas aquelas mulleres víctimas da violencia de xénero que non denuncian, dan a coñecer a súa situación ou incluso poden chegar a xustificar os malos tratos dalgún momento do proceso.
A publicidade, como ferramenta vital no eido da igualdade (aínda que, dixo, un dos máis descuidados) e a corresponsabilidade de homes de mulleres nesta materia foron outros dos temas mencionados por Beatriz Sestayo, que tamén recoñeceu que, se ben é certo que se deron xa moitos pasos no compromiso coa igualdade de xénero, éstes aínda resultan insuficientes nunha sociedade como a actual.
Nesta liña, afirmou que no campo da igualdade as leis van por diante da realidade social e como exemplo puxo a Lei de Igualdade. “Se ben é certo que a loita ven de moitos séculos, o certo é que esa conquista se vén decidindo en pequenas batallas e a guerra aínda non está gañada”.
A primeira das conferencias correu a cargo de Patricia Gallego Rodiño, que falou de desigualdades e violencia e presentou o programa de teleasistencia móbil para as vítimas da violencia de xénero; programa que está operativo en 49 Concellos de Galicia, entre eles o de Ares. Gallego é a coordinadora de dito programa e da área de Maiores e Discapacidade da Oficina Provincial da Cruz Vermella da Coruña.
Xa pola tarde, María del Carmen López Díaz, psicóloga de Almat, presentou ás asistentes esta asociación, que leva a cabo a súa acción en toda a provincia da Coruña e atende a todo aquel, tanto muller como home (aínda que, como subliñou, o 99% das usuarias da entidade son mulleres), víctima de malos tratos.
A xornada de hoxe foi pechada por Enma González, que explicou os aspectos xurídicos da nova Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero.
Mañá, derradeira xornada, o obradoiro de Musicoterapia, a cargo de Pilar Lago, centrará a actividade da mañá. Trátase dun método de axuda terapéutica empregado neste caso nas víctimas de violencia de xénero. A violencia na familia será o tema da conferencia que, pola tarde, impartirá José Antonio Ríos, director de Stirpe. A clausura e entrega de diplomas será ás 18.30 horas. O alcalde, Julio Iglesias, e a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, serán os encargados de por o punto final a estas xornadas, nas que participan técnicos de Concellos e entidades de toda Galicia.
Finalmente, os asistentes poderán degustar o “Aperitivo da Igualdade”, que tamén terá lugar na Alianza.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares