Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Asociación O Tilo abre o seu Belén o día 9
04 Decembro 2007 14:18
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acudirá á inauguración do tradicional Belén que cada ano elabora a Asociación O Tilo. O acto terá lugar o domingo, día 9, ás 19.00 horas, no local que ten a entidade na chamada Escola de Nenas.
O Belén, como explicaron os responsables da asociación, ocupa unha superficie de sete metros de ancho por case oito de largo e conta cun total de 125 figuras, das que sete teñen movemento. O musgo empregado en toda a superficie foi recollido en días pasados polos membros de O Tilo pola zona. Tamén hai no Belén un río de dous metros de alto, confeccionado en forma de catarata, e dous laguiños feitos con fontes.
O horario de apertura do Belén, que pechará as súas portas o 8 de xaneiro, é de 10.00 a 13.00, polas mañás, e de 16.00 a 20.00, polas tardes, durante os sete días da semana.
Por parte do Concello, dende a área de Cultura e Educación, que dirixe a socialista Ana Fernández Coira, enviaranse cartas aos colexios da zona facendo unha invitación aos escolares para que realicen unha visita a este Belén, un dos máis destacados de cantos se fan na comarca por estas datas.
O importante traballo que está a desenvolver a asociación O Tilo e a colaboración que mantén co Concello de Ares non remata aquí, senón que vai máis aló no que se refire á organización do programa das festas do Nadal. Así, xa remataron o arranxo das guirnaldas de luz que eles mesmos fixeran hai tres anos para colocar no municipio e na actualidade están a traballar nas carrozas que percorrerán todo o municipio tanto o día 24 de decembro, a de Papá Nöel, como a do día 5 de xaneiro, a de Reis. Na primeira haberá dúas carrozas, unha para Papá Nöel e outra para un Belén vivinte, mentres que a de Reis terá as de Melchor, Gaspar e Baltasar, ademais da do Belén vivinte.
As cabalgatas, como informou a Concellaría de Cultura, sairán da sede de O Tilo ás catro da tarde e o primeiro lugar polo que pasarán é Redes. O feito de percorrer todo o municipio permitirá que tódolos veciños poidan disfrutar desta actividade sen necesidade de acudir ao casco urbán de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares