Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O prazo de presentación de cadros do II Concurso de Pintura "Manuel Rebón-Concello de Ares" comeza o día 14
09 xullo 2008 13:19
Os interesados en participar no II Concurso de Pintura “Manuel Rebón-Concello de Ares”, que organiza a Concellaría de Cultura de Ares, poderán presentar as súas obras a partires do vindeiro luns, día 14. O prazo rematará o día 24 deste mes.
O certame, cuxa organización asume o Concello por vez primeira, vai dirixido a nacidos e residentes en Galicia que sexan maiores de idade. Segundo consta nas bases, os interesados poderán presentar un máximo dunha obra de temática libre e feita coa técnica do óleo ou acrílicos (o tamaño non poderá sobrepasar os 100x80 centímetros, incluido o marco).
As pinturas deberán entregarse no local social do CIRS de Cervás en horario de 19.00 a 21.00 horas, de luns a venres, e de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, os sábados e domingos. Os premios serán de 800 euros, para o primeiro, 500 euros para o segundo, e 300 para o mellor pintor local. Ademais, haberá dous accésit.
Os premios fallaranse o 1 de agosto por un xurado composto por persoas vinculadas co mundo da cultura. No caso de que a cantidade de obras finalistas sexa moi numerosa, farase unha selección previa para a exposición que estará, a partires do mesmo 1 de agosto, en diferentes locais de Ares (o primeiro será o propio CIRS de Cervás). A entrega de premios será o día 30, data na que coincidirá a clausura da mostra.
Os cadros premiados pasarán a formar parte do patrimonio do Concello, mentres que aqueles que non reciban galardón algún terán que ser retirados no prazo de 20 días contados a partir do remate da exposición.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares