Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Unhas 40 persoas xa están inscritas nas II Xornadas sobre a Violencia de Xénero que organiza o Concello
08 xullo 2008 10:55
As II Xornadas sobre a Violencia de Xénero contan xa con 40 inscritos, segundo informou o CIM (Centro de Información ás Mulleres), e a cifra podería incrementarse aínda máis posto que o prazo remata mañá mércores. Esta iniciativa, que chega á súa segunda edición, está organizada polo Concello de Ares, a través da Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe Victoria Montenegro
O alcalde da vila, Julio Iglesias, xunto coa concelleira de Benestar Social, Xuventude e Solidaridade do Concello de Ferrol e deputada do Parlamento de Galicia, Beatriz Sestayo, presidirán o acto de inauguración, que terá lugar ás 10.30 horas do vindeiro xoves, día 10. Previamente, ás 10.00 horas, os participantes recollerán as súas acreditación e a documentación pertinente.
A primeiras das conferencias, prevista para as 11.00 horas, levará o título de “Desigualdades e Violencia” e será impartida por Patricia Gallego Rodino, coordinadora do Programa de Teleasistencia Móbil para Vítimas de Violencia de Xénero e Coordinadora de Área de Maiores e Discapacidade da oficina provincial de A Coruña da Cruz Vermella. Gallego presentará aos asistentes dito programa de teleasistencia.
Xa pola tarde, ás 16.30, a psicóloga María de Carmen López falará sobre a Asociación de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT) e, despois, sobre as 17.30 horas, Emma González, avogada de Tribunalia, abordará os aspectos xurídicos na violencia de xénero e, concretamente, a Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero.
A xornada do 11 de xullo comezará ás 10.30 horas cun obradoiro de musicoterapia, dirixido a ensinar a utilizar a música nos casos de violencia de xénero, que será impartido por Pilar Lago Castro, profesora titular de Ciencias da Educación na UNED e experta en Pedagoxía e Didáctica da Música e en Musicoterapia. Dito obradoiro prolongarase ata as 13.30 horas.
A conferencia de pola tarde tratará a violencia na familia e será José Antonio Ríos González, director de Stirpe (Centro de Diagnóstico e Terapia Familiar), o que se encargue de expor dito tema. Ríos González é unha dos expertos máis destacados a nivel estatal no que á terapia familiar se refire.
Finalmente, ás 18.30 horas procederase á clausura das xornadas. Nesta ocasión, será de novo o alcalde, Julio Iglesias, o que, xunto coa concelleira de Servizos Sociais de Ares, Victoria Montenegro, poñan fin a estes dous días de conferencias e actividades dirixidas a tódolos veciños do municipio, así como a estudantes, profesionais e calquera persoa interesada no tema da violencia de xénero. Un “Aperitivo da igualdade”, dirixido aos asistentes ás xornadas, servirá como despedida desta iniciativa do Concello, que inclúe tamén unha exposición. “Imaxes de Mulleres” é o nome desta mostra cedida polo IES Telleiras de Narón, que permanecerá aberta ao público na Alianza entre o 7 e o 11 de xullo.
As persoas interesadas en participar nestas xornadas, que serán totalmente gratuitas, deberán formalizar a súa inscripción, tanto ao longo desta xornada como na de mañá mércores no CIM, situado no propio Consistorio. Tamén se poderá chamar ao teléfono 981 468 102, ao fax 981 448 299, ou ben remitir un correo electrónico á dirección cim@concellodeares.com.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares