Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comezan os campamentos urbáns cunha participación de case 100 nenos e nenas
04 xullo 2008 13:16
O Concello de Ares, a través da área de Deportes, puxo en marcha a segunda edición dos Campamentos Urbáns, que se desenvolverán ao longo do presente mes de xullo e o vindeiro de agosto. O que se refire ao deste mes deu comezo na mañá de onte cunha participación de case 100 rapazas e rapaces de entre 7 e 12 anos.
En total, formáronse tres grupos por idades: o A, de 7 a 8 anos; o B, de 9 a 10 anos; e o C, de 11 a 12 anos. O horario é de 10.30 a 13.30 horas, e entre as actividades que se levarán a cabo atópanse tenis, baloncesto, patinaxe, xogos na praia, xogos populares, fútbol, idiomas (galego e inglés) e xogos acúaticos, entre outros, que se desenvolverán en diferentes lugares de interese do municipio (praias, mosteiro de Santa Catalina, pavillón, campo de fútbol, etc.). Nesta actividade colaboran o Club Náutico Ría de Ares, o Club Marítimo de Redes, o Club de Remo de Ares e a Asociación Recreativa Bimares.
A seguinte quenda iniciarase o 4 de agosto, e o prazo de inscripción estará aberto entre o 21 e o 31 de xullo. O número de prazas por campamento é de 100 e o prezo é de 40 euros por mes para os nenos empadroados en Ares e 70 para os que non o estean. Ademais, estableceuse un desconto familiar para dous ou máis membros, pasando a ser o importe de 30 euros por mes para os empadroados e de 60 para os que non o están.
Tamén esta semana, concretamente o día 1, comezou o “Pequexogos”, unha iniciativa novedosa que leva a cabo o Concello de Ares e que vai destinada aos pequenos de 4 a 6 anos. Este campamento, que a diferencia do anterior desenvólvese os luns, mércores e venres (o outro é de luns a venres), tivo unha grande acollida, xa que están cubertas as 25 prazas convocadas e incluso hai unha lista de espera. Neste caso, a segunda quenda iniciarase o 1 de agosto, e os prezos son de 20 euros para empadroados en Ares e 40 para os que non o están (a tarifa redúcese a 15 e 30, segundo estean no censo ou non, para familias que inscriban a dous ou máis nenos).
O Pequexogos dá comezo ás 11.30 horas no pavillón deportivo o una praia, sendo as principais actividades que se levan a cabo xogos predeportivos, música, ritmo e baile e obradoiros creativos.

ACTIVIDADES FÍSICA E SAÚDE

Por outra banda, este mes iniciáronse as actividades “Física e Saúde”, que, promovidas pola Concellaría de Deportes, se desenvolven en diferentes locais de Ares. Ximnasia de mantemento, aeróbic, ioga ou danza do ventre son algunhas das actividades que se impartirán este mes e o de agosto e que, o mesmo que ocorre cos campamentos, teñen unha grande acollida. De feito, só en danza do ventre hai 24 persoas inscritas
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares