Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A empresa Concifa será a encargada de executar a pavimentación de varias rúas de Redes
03 xullo 2008 14:52
A empresa Concifa será a encargada de executar os traballos de pavimentación, reposición e canalización soterrada nas rúas do Medio, da Ribeira, de Arriba e un tramo da rúa de Abaixo, é dicir, do casco antigo de Redes. A Xunta de Goberno Local aprobou en sesión extraordinaria a adxudicación provisional a dita empresa, unha vez que foi seleccionada pola Mesa de Contratación entre as seis empresas que presentaron as súas ofertas á actuación.
A oferta de Concifa contempla un orzamento de 299.000 euros, o que supón unha lixeira baixa sobre o presuposto de licitación (ascendía a 301.079,62 euros), e, ademais, rebaixa o prazo de execución nun mes, pasando de dous e medio a un e medio.
Unha vez acordada á adxudicación provisional e despois da súa publicación no BOP, os licitadores disporán dun prazo de dez días para examina-lo expedente e presentar, se así o consideran, as solicitudes de información.
Como se lembrará, a actuación conta cunha subvención de 200.000 euros, asinada o pasado mes de maio por parte do alcalde de Ares, Julio Iglesias, con responsables da Consellería de Presidencia. A resolución pola que o Concello recibe a axuda correspóndese coa Orde de 28 de decembro de 2007 do propio conselleiro de Presidencia pola que se anunciaban as axudas económicas para subvencionar a realización de infraestructuras de uso público en ámbitos urbáns e rurais por parte dos Concellos de Galicia.
Desa partida, o 70% corre a cargo dos fondos Feder, mentres que o 30% restante será aportado por este departamento da Xunta. O que falta ata acadar o orzamento total da intervención o abonará o Concello de Ares.
As obras consisten na substitución do pavimento actual de hormigón por outro de lousas de granito máis acordes co entorno. Así mesmo, procederase á reposición dos servizos e canalizacións soterradas de abastecimento de auga, saneamento de fecais, recollida de pluviais, telefonía, alumeado público e enerxía eléctrica. Neste sentido, hai que subliñar que se trata da retirada do polémico asfaltado que fixo o anterior goberno do PP e que provocou as protestas dos veciños de Redes, levando incluso á administración local de entón a paralizar os traballos. Agora, materialízase o compromiso dos actuais responsables municipais, que dende un principio quixeron dotar a esta vila mariñeira dunhas rúas acordes co conxunto e tódolos servizos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares