Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 07 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local resposta ao PP que se os socialistas son unha axencia de colocación, eles actuaron como unha axencia de exclusión de todo aquel que non fose afín
20 xuño 2008 13:18
O actual goberno local de Ares respostou hoxe ao PP, que esta mesma semana acusou aos socialistas de converter o Concello nunha “axencia de colocación do PSOE”, que non só é unha afirmación errónea, xa que moitos dos postos de traballo creados neste último ano proceden de subvencións doutras administracións (Deputación, Xunta, etc.) e na maioría dos casos levan convocándose varios anos, senón que, ademais, os populares semellan “esquecer” os métodos empleados nesta materia durante os seus mandatos.
Neste sentido, os responsables aresáns puntualizan, en primeiro lugar, que dende que os socialistas obtiveron a Alcaldía, os tribunais de selección de persoal non están integrados por político algún, o que garante a imparcialidade dos mesmos á hora de elixir a unha ou outra persoa. Deste xeito, engade o goberno local, no Concello traballan na actualidade veciños e veciñas de tódalas ideoloxías políticas, xa que agora non é, como tiña que ser dende sempre, un requisito valorable e case que puntuable.
“Se nós actuamos como unha axencia de colocación do PSOE, o PP actuou como unha axencia de exclusión de todo aquel que non fose afín ao seu partido”, afirmaron dende o equipo que dirixe Julio Iglesias, lembrando que ao longo dos oito anos de goberno houbo moitos veciños que estiveron “vetados” para acceder a un posto de traballo no Concello pola súa ideoloxía política.
Para os socialistas, ademais, resulta moi significativo que as críticas do PP se limiten ao persoal, xa que “semella que pouco o nada teñen que dicir do traballo desenvolvido polo goberno neste último ano”. De feito, os responsables da administración de Ares cualifican como “falta de respecto” aos empleados do Concello as afirmacións dos “populares” acerca do servizo prestado (dixera que a pesar de incrementar o persoal en seis prazas, non hai mellora do servizo que se presta aos cidadáns).
Sobre as únicas actuacións ás que se refire o voceiro do PP e ex alcalde, Manuel Cendán, o equipo de goberno cre que os propios cidadáns verán nun curto espazo de tempo os grandes avances e melloras levadas a cabo nestes últimos doce meses de goberno. “En menos do que moitos se esperan, intervencións como a EDAR ou o centro de saúde estarán máis que iniciadas e a cesión do mosteiro de Santa Catalina, retirada pola xestión do PP, resolta”, afirmaron dende a administración local.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares