Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aproba en sesión extraordinaria as taxas que rexirán o alugueiro das bicicletas
13 xuño 2008 12:23
O pleno da corporación aprobou, no marco dunha sesión extraordinaria, a ordenanza que regulará o servizo de aluguer de bicicletas, BicicletARES. Esta normativa establece as taxas ás que estarán suxeitas todas aquelas persoas que fagan uso de dito servizo, incluido dentro das accións do Plan de Dinamización do Produto Turístico.
Así, o prezo será de 2,5 euros por persoa nos alugueiro s que se fagan ben en horario de mañá ou ben no de tarde (de 10.00 a 14.00 horas, no primeiro caso, e de 16.00 a 20.00, no segundo), e de 4 euros por persoa para o alugueiro individual durante todo o día (entre as 10.00 e as 20.00 horas). No caso dos grupos, entendidos como tres persoas ou máis, a tarifa será de 1,5 euros por cabeza para o alugueiro de mañá ou de tarde, e de 3 euros para o de todo o día. As normas fixan un máximo dun día por alugueiro.
As persoas interesadas en alugar unha bici deberán abonar a taxa establecida e deixar na oficina o DNI orixinal, o carné de conducir ou o pasaporte. Ademais, é obriga dos usuarios –das persoas que contraten o servizo, non os que o utilicen, teñen que ser maiores de idade- cumprir o tempo pactado. As sillas de nenos non se cobrarán.
O servizo, que este ano comezará a funcionar proximamente, estará operativo entre os meses de abril e setembro, ambos incluidos. Os puntos de aluguer están situados no Club Náutico de Ares, Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, CIRS de Cervás, caseta de turismo, Club de Tenis de Redes e centro cultural Alianza Aresana, que funcionará como estación central. Fóra dese período poderá concertarse o servizo, pero unicamente para grupos organizados e sempre dende a Alianza.
A ordenanza, que recibíu os votos favorables de PSOE, BNG e NAL e o rexeitamento do PP, estará agora 30 días hábiles a exposición pública e presentación de alegacións, despois do cal xa poderá entrar en vigor.

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO

No pleno tamén se deu o visto bo, neste caso por unanimidade, á adhesión do Concello ao Pacto Territorial de Emprego, que se constituirá o vindeiro luns ás 10.00 no Centro de Emprego de Ferrol e que ven sendo un órgano complementario ás asociacións impulsoras do mesmo. Ademais dos alcaldes (a corporación tamén decidíu nomear ao rexedor de Ares representante deste Concello), asinarán a creación do Pacto Territorial representantes dos axentes sociais e económicos da comarca.
Finalmente, os grupos políticos aprobaron o acordo provisional polo que o Concello delega na Deputación Provincial as competencias de recadación voluntaria e ejecutiva das sancións municipais por infracción da lei de tráfico. Este punto foi votado favorablemente polos socialistas, os “populares” e o independente do NAL, mentres que os nacionalistas se abstiveron.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares