Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Unha degustación gastronómica e un concerto porán fin ás actividades da Semana Norueguesa en Ares
13 xuño 2008 12:06
O parque Rosalía de Castro é o escenario no que se levarán a cabo as actividades coas que se porá fin á Semana Norueguesa en Ares, organizada polo Concello, a Embaixada e a Dirección Xeral de Turismo. Ás 14.00 horas dará comezo esta derradeira xornada, na que os asistentes poderán degustar produtos típicos do país nórdico. De feito, os cociñeiros das fragatas norueguesas, que coinciden nos asteleiros de Navantia, traballarán nos fogóns do colexio Conde de Fenosa para ofrecer ao público carne de reno, salmón e un froito que tan só nace nas montañas norueguesas.
O acto de clausura será ás 18.00 horas e correrá a cargo do conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu; o embaixador de Noruega en España, Per Ludvig Magnus; e o alcalde de Ares, Julio Iglesias. O director xeral de Turismo, Rubén Lois, finalmente non poderá estar xa que ten unha viaxe fóra de Galicia. Despois dos discursos, xa sobre as 20.00 horas, comezará o concerto do grupo Triodite, que interpretará cancións típicas do país nórdico; a Banda de Gaitas de Ares e o grupo folk, tamén deste municipio, Roncarela.
Tamén mañá rematarán as exposicións que ao longo destes últimos días estiveron abertas ao público. Ata o momento, a valoración é excelente, xa que foron moitos, tanto aresáns como noruegueses, os que pasaron pola Alianza Aresana e polo baixo da rúa Real. O mesmo éxito tiveron as conferencias que se celebraron cada xornada, ás 20.00 horas e no salón de actos da Alianza. De feito, en varias ocasións houbo que engadir cadeiras.
Esta tarde será a agregada cultural da Embaixada, Kirsti Baggethun, a que imparta a derradeira charla. A cultura en Noruega é o tema elixido por Baggethun.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares