Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O turismo vinculado á natureza é o principal reclamo de Noruega, segundo Eugenia Fierros
12 xuño 2008 18:37
Os fiordos e o turismo de natureza son os principais reclamos que ten Noruega, segundo afirmou a directora da Oficina de Turismo de Noruega en España, Eugenia Fierros, que foi a encargada de impartir a conferencia que, dentro do programa de Semana Norueguesa en Ares, tivo lugar ás 20.00 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Fierros subliñou que “lo primero en lo que se piensa cuando se habla de Noruega es en los fiordos, y lo cierto es que es lo principal, ya que se trata de los únicos que existen en Europa y están tan sólo a cuatro horas de avión”.
Pero Noruega non só ofrece isto aos turistas, senón que a oferta vai moito máis aló. Así, a directora da oficina de turismo indicou que na actualidade estase a potenciar de forma moi notable as vacacións vinculadas coa natureza, “para relajarte, coger energía o realizar deporte”. A oferta natural deste país, sumada a uns museos “muy simpáticos” e a unhas poboacións de grande beleza e coa peculiaridade propia da súa xeografía, constitúen un importante atractivo para os españois.
De feito, Eugenia Fierros informou de que o número de pernoctaciones chegou ás 300.000, o que supón un incremento do turismo en 2007 do 13%. Esta cifra é de grande relevancia sobre todo se temos en conta que en 2006 a subida xa fora do 23%. “Somos un mercado muy importante e incluso en algún sitio, como en los Fiordos, sólo estamos por debajo de los alemanes”, indicou a responsable da oficina de turismo, que destacou ademais o feito de que os españois xa superen, en número de viaxes a Noruega, a países como Francia ou Italia.
En canto á celebración desta Semana Norueguesa en Ares e as posibles repercusións no turismo, Fierros asegurou, que dentro das limitacións propias do ámbito de difusión da mesma, pode servir para animar aos cidadáns desta zona a viaxar a Noruega. “En España funciona mucho lo del boca a boca y, si Noruega se pone de moda, a lo mejor dentro de dos años todos los gallegos viajan a este país”, apuntou.
Aínda que recomendou, para as persoas que teñen que facer escala, como é o caso de Galicia, unha estancia mínima de unha semana, a directora da oficina de turismo sinalou que unha das accións que se están levando a cabo nestes últimos tempos para potenciar o turismo é a promoción de circuitos ou lugares para viaxes máis curtas, así como a promoción do turismo durante a época de inverno (moitas das escapadas, dixo, son precisamente para a tempada de inverno). A Laponia norueguesa ou Oslo constitúen os principais destinos para estes meses, nas que os contrastes con España son impactantes.
E para os que pensen que Noruega é economicamente inaccesible, Fierros afirmou que, se ben é certo que o nivel de vida é moito máis alto, as viaxes organizadas están a bo prezo e, para as persoas que van pola súa conta, os hoteis non son moito máis caros. Ademais, os voos, segundo dixo a directora da oficina de turismo, baixaron bastante de prezo nos últimos tempos.
As conferencias chegan mañá ao seu remate coa que, á mesma hora (20.00 horas) e na Alianza, impartirá Kirsti Baggethun, agregada cultural da Embaixada de Noruega. Baggethun, que tamén é traductora, falará sobre a cultura do país nórdico.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares