Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A presidenta da Cámara de Comercio Hispano-Norueguesa falou esta tarde en Ares das relacións comerciais entre os dous países
10 xuño 2008 18:24
A presidenta da Cámara de Comercio Hispano-Norueguesa, Carmen Sanz, falou esta tarde no salón de actos da Alianza Aresana, no marco dos actos da Semana Norueguesa de Ares, das relacións comerciais entre os dous países. Sanz explicou aos asistentes o xeito de facer negocios dos españois e os noruegueses e, neste sentido, afirmou que, fronte o que podería parecer nun principio, a principal dificultade non se atopa no idioma, senón na filosofía das propias negociacións.
Así, dixo que mentres que a parte norueguesa chega á reunión coa axenda e a proposta económica pechada e trata de convencer de que dita proposta é a mellor, a parte española vai coa axenda aberta e deixa marxe para a improvisación. “Para el español, la negociación es la negociación, en la que cada parte cede algo y, por lo tanto, siempre gana algo”, manifestou a presidenta da Cámara, que engadíu que “normalmente a los noruegos les descoloca la improvisación, mientras que a los españoles les saca de quicio que los noruegos tengan que volver a reunir a su consejo de administración para tomar una decisión nueva”. O chamado “acordo entre cabaleiros”, sen documentos escritos polo medio e tan empregado en España para facer negocios (xeralmente acompañado dunha comida e viño), “choca de principio a fin” co xeito de actuar a este nivel por parte dos noruegueses.
Para Sanz, “Pragmatismo vs liturgia”, que é unha frase empregada por Mauro Varela, ex director de Cooperación Industrial e un dos principais protagonistas da contratación das fragatas, define á perfección a relación bilateral. Pero a pesares destas dificultades, a longo prazo, segundo a relatora, os negocios van adiante e “los españoles acaban haciendo informes y presentándolos, a lo mejor no al día siguiente, y los noruegos aprenden a charlar sentados en una mesa con una botella de vino y a dejar una parte a la improvisación”.
De feito, os dous países manteñen dende hai xa moito tempo unha importante relación comercial baseada fundamentalmente na exportación, por parte de España, de laranxas, amorodos, cerámica, verduras, téxtil e zapatos e viño (aspecto no que, segundo Sanz, aínda hai moito que facer), e por parte de Noruega, de gas e petróleo, bacallau e salmón.
Capítulo aparte merece o turismo, xa moi extendido no caso de España (cada ano entran en España 800.000 noruegueses) e cada vez máis importante no caso do país nórdico, que leva unha progresión ascendente moi destacada nos últimos anos.
Carmen Sanz indicou que na actualidade os dous países “se dieron cuenta de que hai que evolucionar” e así o están a facer. Ademais do propio turismo como negocio, a tecnoloxía estase a convertir no principal mercado. Para España, coa importación da tecnoloxía vinculada ás enerxías alternativas e limpas, nas que o país nórdico está moi avanzado, e para Noruega a relativa a sectores como o naval. “Aquí, el mejor ejemplo lo constituye el contrato con Navantia, ya que hay que tener en cuenta que este astillero ganó contra una factoría alemana”, subliñou Sanz, que engadíu que, xunto co programa de compensacións, “han dado una oportunidad al comercio y a las relaciones bilaterales”
Mañá tócalle o turno a Enrique Bernárdez, catedrático da Universidade Complutense de Madrid e experto en linguas nórdicas antigas e nas sagas vikingas. Bernárdez, que tamén é un recoñecido traductor (entre outras obras, dos contos de Andersen), falará no salón de actos da Alianza Aresana ás 20.00 horas da historia de Noruega e dos vikingos.
Ademais, hai que lembrar que as mostras seguen abertas, entre as 10.00 e as 14.00 e as 17.00 e as 21.00 horas, no que se refire as exposicións de fotografía e historia vikinga, e de 10.00 a 14.00 e de 16.00 á hora que rematen as conferencias, no caso das mostras de debuxos e de literatura infantil.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares