Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Instalan no parque Rosalía de Castro de Ares unha caseta de información turística
10 Decembro 2007 14:10
O Concello de Ares disporá proximamente dun servizo de información turística, grazas á caseta que para estes fins se instalou esta mesma mañá no parque Rosalía. A iniciativa, que financia a Deputación Provincial, enmárcase dentro do Plan de Dinamización do Produto Turístico das comarcas de Ferrol e Ortegal, á que a administración local de Ares, en palabras da concelleira de Turismo, Ana Fernández, estalle moi agradecida polo esforzo realizado para a promoción deste municipio e por outros proxectos que van na mesma liña e nos que na actualidade están a traballar de forma conxunta.
A caseta de información turística é prefabricada e de madeira e, entre outros servizos, está dotada de baños adaptados para persoas con discapacidade física. Aínda que foi montada ao longo da mañá de hoxe, está previsto que o mércores, día 12, acudan a Ares os arquitectos da Deputación para facer as comprobacións técnicas pertinentes.
Entre o material que se repartirá unha vez que o novo servizo de atención ao turismo comece a funcionar atópase material remitido por Turgalicia, cuxo xerente mantivo recentemente unha reunión co alcalde de Ares, Julio Iglesias, a petición deste último para falar, entre outros asuntos de interese, desta nova caseta.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares