Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O campo de fútbol de Prados Vellos acolle dende hoxe e ata o día 14 o II Torneo de Fútbol 7 "Concello de Ares-Numancia SDR"
09 xuño 2008 14:57
O campo de fútbol municipal de Prados Vellos acolle dende hoxe e ata o vindeiro sábado, día 14, o II Torneo de Fútbol 7 “Concello de Ares-Numancia SDR”, no que participan un total de nove clubes da comarca en catro categorías (Biberóns, Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns).
Ao longo destes días (menos o martes), disputaranse os diferentes encontros de clasificación á final, que se celebrará o venres, no caso da categoría de Alevíns (nesta unicamente compiten catro equipos), e o sábado, no resto.
Segundo consta no regulamento do torneo, a clasificación se fará atendendo ao número de puntos acadados en cada encontro. No caso de empate de puntos, pasará a seguinte rolda o equipo que teña maior diferencia de goles a favor e en contra. En canto aos árbitros, éstes pertencen ao Colexio de Árbitros de Ferrol, mentres que a duración dos partidos será de 40 minutos divididos en catro tempos, na categoría de Biberóns; de dous tempos de 20 minutos para os Prebenxamíns e Benxamíns; e de dous tempos de 25 minutos para os equipos de Alevíns.
Os encontros desta xornada comezarán ás 17.00 horas e enfrontarán ao Numancia co Narón e ao Galicia de Caranza co Ánimas, da categoría de Biberóns. Unha hora máis tarde iniciaranse os partidos entre Galicia de Caranza e Narón e entre Perlío e Numancia, ambos de Prebenxamíns, e ás 19.00 horas terán lugar os encontros entre Numancia e Narón e entre Eume e Galicia de Caranza, de Benxamíns. Porá fin a esta xornada o encontro entre o Perlío e o Amistade de Meirás, da categoría de Alevíns, que comezará ás 20.00 horas.
En canto ao mércores, os partidos comezarán tamén ás 17.00 horas. Os primeiros en xogar serán o Racing A contra o Narón e o Racing B contra o Galicia de Caranza, de Biberóns. Ás 18.00 horas o Eume enfrontarase ao Galicia de Caranza e o Perlío fará o propio fronte ao Galicia de Mugardos, ambos de Prebenxamíns, e ás 19.00 iniciaranse os encontros entre o Narón e o Galicia de Mugardos e o Galicia de Caranza e o Amistade de Meirás, nestes caso de Benxamíns. Os últimos en xogar o mércores serán o Numancia e o Maniños, nun partido previsto para as 20.00 horas.
Esta actividade está organizada pola Concellaría de Deportes de Ares e o SDR Numancia, tamén deste municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares