Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Concello e Vicepresidencia asinan o convenio de colaboración para a construcción do centro de día
09 xuño 2008 14:14
A concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, desprazouse esta mañá a Santiago para asinar co Vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, o convenio de colaboración para a construcción do centro de día de Ares.
Como se lembrará, o Concello aportará os terreos, situados en Marina do Pombal, mentres que o Consorcio Galego de Benestar será o encargado de executar as obras. Na actualidade, a actuación atópase en fase de licitación -concretamente, está pendente a adxudicación dos traballos-. Neste sentido, hai que lembrar que o Consorcio, a través do DOG, sacaba o pasado 24 de marzo a concurso público a elaboración do proxecto básico, proxecto de execución e a execución da obra de construcción do centro de día. O orzamento base ascende a 871.871,02 euros, distribuidos en dúas anualidades (592.402,60 en 2008 e 279.468,42 euros en 2009), e o prazo de execución das obras é de dez meses, contados dende a data de sinatura do contrato.
O centro de día de Ares construirase nunha parcela de algo máis de 5.000 metros cadrados que conta coa cualificación de solo dotacional público, froito do desenvolvemento dun plan parcial para dito ámbito. Segundo a normativa, poderase construir, en función das necesidades que se determinen, un edificio de soto, baixo, unha pranta e baixocuberta, cunha ocupación máxima de ata o 60% do total (é dicir, uns 3.000 metros cadrados).
A cesión destes terreos foi aprobada polo pleno da corporación na sesión ordinaria celebrada o pasado 22 de novembro grazas aos votos de PSOE, PP e NAL. Con anterioridade, no pleno de outubro, o Concello decidíu adherirse ao Consorcio do Benestar, un trámite imprescindible para a execución do centro de día e da galescola, tamén en fase de licitación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares